<

1.6.06

Luns22

Como lles anunciou en riguroso directo este pito, contamos cunha nova cámara no galiñeiro, unha Canon Powershot A700 que deixou o meu home coidador sen riles e sen unha pequena porción do fígado, que vendeu a un banco para facer alí unha recua de chalets en hipoteca con vistas ó estómago. A tarxeta de crédito ardía. Primeiro veu a cámara. Logo veu unha tarxeta de memoria de 512 Mbs. Despois viñeron os paquetes de baterias e o seu correspondente cargador. Por último, a funda con correa, para ver se esta vez á ata á punta dos ehem e non a perde. Aí lles vai a primeira foto, sen contar as probas co zoom óptico en plan Fiestra indiscreta sobre tres mozas francófonas do aeroporto.



Desde Valencia, voo cara a Londres, despois de comprar – por motivos estritamente profesionais – unha revista con señora preñada en pelotas. En Heathrow apodrezo nunha sala de embarque chea de xente que pasa e pasa e pasa. Algo máis tarde descubro o que chaman Quiet room; subindo unhas escaleiras de nada, á menos de 10 metros, hai unha sala en xélido silencio e unha señora en penumbra lendo. Mentres asexo os perseguidos fumadores que escapan cara á sala do rincón, leo as advertencias sanitarias sobre o andazo de gripe aviaria e recibo algunhas chamadas de señores que non me deixan tranquilo.

Desde Londres, a Aberdeen, nun voo de British Airways. Estes señores poñen nas pantalliñas de vídeo do Airbus un mapa animado co camiño que vai seguindo o avión, a velocidade e a altitude,... algo máis entretido cós aburridos monitores de Iberia, que levan varios anos poñendo remedos de Obxectivo indiscreto e paisaxes de lugares varios. Desgraciadamente quítanme o pracer da viaxe cando me chantan – aquí segue sendo gratis – como merenda/cea unha vomitiva ensalada de polo, puaaaaaaaaajjjjj. Para superar a conmoción, o que fago nada máis aterrar é botarlle vicio ás plumas



En Aberdeen alóxame N., que me suxire que de noite son apnéico perdido – algo máis que sumarlle ó de falar en soños, convérteme iso nun pito máis interesante? Nesas latitudes, case á altura de Estocolmo, vai un frío de carallo, hai sol ata as once da noite e a luz entra nas casas (será por moral anglicana?) sen persianas ás 5 da mañá. Decididamente, non sei se teño aptitudes de galo.

5 Piadas:

  • Tenho ganhas de voltar a ter persianas nas fiestras.
    Sorte coa nova camara.

    Piado por Blogger acedre, ás 4:37 da manhã  

  • Grazas, Acedre. A verdade é que a nova cámara tira caralludamente, agora só me falta imprimir as instrucións e lelas...:-)

    Oia, e non pensou en montar un choio de instalador de persianas... ó mellor forrábase!!

    Piado por Blogger Le Petit Poyon, ás 6:07 da tarde  

  • Best regards from NY! » »

    Piado por Anonymous Anónimo, ás 4:50 da manhã  

  • Enjoyed a lot! »

    Piado por Anonymous Anónimo, ás 8:28 da manhã  

  • Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... data credito

    Piado por Anonymous Anónimo, ás 6:56 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home