<

6.5.06

Viaje con nosotros

A semana pasada este pito estivo en terras do alén-Padornelo, lonxe da bi-casa. Coma sempre, escandalízome co nefasto servizo que dá a compañía española de ferrocarrís, empeñada en fundir o servizo dos comboios. Cando menos, podo pasar algunhas horas de/en Miranda, vendo pasar, unir e segmentar trens.


Unha vez chego a destino, bastante reventado pola viaxe - afortunadamente, case sempre sen ninguén ó lado - probo un pouco de Picadillo de chorizo e meto as miñas plumas na cama que atopei, a un prezo módico, cerca dunha tenda de carameletes da Viuda de Solano.


Lamentablemente, non preguntei antes e tocoume un hostal deses que teñen uns chaveiros case tan grandes coma min e indubidablemente máis pesados a pesar de todo o chocolate que peteiro ultimamente. Por despiste, collo un pixama un par de talles maior do debido. Acompáñame un dos libros máis bonitos que estea a ler en moito tempo, El mundo de ayer. Memorias de un europeo, do escritor austríaco Stefan Zweig.

1 Piadas:

Enviar um comentário

<< Home