<

21.5.06

Emigración

O venres deixei que o humano que me dá de comer viaxase só para arranxar algunhas das súas cousas. Cal foi o resultado? Volveu o domingo de mañá despois de perder a cámara de fotos pola noite mentres corría cara a unha estación do tren. Case lle arrinco os ollos dun peteirazo, por perder máis de 500 euros por non saber pechar ben unha mochila e por deixarme sen cámara de fotos para a miña viaxe de mañá...

Este pito translada as sempiternas vacacións de agosto para a semana que vén e estaralles fóra ata o mércores 31 ou 1 (dependendo do número de meses que teña maio). Á miña volta espero ensinarlles fotos ou, cando menos, algún debuxo do señor pito por Europa adiante. Peteiriños.

11 Piadas:

  • Pois sintoo na alma.
    Mui bo o dos chilangos.

    Piado por Blogger acedre, ás 4:48 da manhã  

  • snife! e agora quedamos sem as suas fotos, sempre tam lindas :-(!

    Piado por Anonymous i.a., ás 4:36 da tarde  

  • Chachis!
    Quen nos vai alimentar a retina con esas fotos estilo Tío-Matt-o-viaxeiro dos Fraguel???

    Piado por Blogger eue, ás 5:12 da tarde  

  • Ya lo decía Buda: cuantas más cosas tienes, más sufres. Claro, que eso sólo era una teoría.

    Piado por Blogger Edryas, ás 2:20 da tarde  

  • Olas
    Estou peteirando desde o exilio; non tenho infraestrutura para ponher un post, pero queria ver como andaba o galinheiro... Grazas polas preocupacions; consciente de que non podia defraudar o meu publico, obriguei o humano que tenho que soportar a aproveitar a escala en Valencia e comprar unha nova camara de afotos (Canon Powershot A700, para os detallistas), que tire os cartos que ten que non os vai levar para o outro mundo!! Xa lles ensinarei afotos cando volva, contra finais da semana que v'en. Peteirinhos!!

    Piado por Blogger Le Petit Poyon, ás 7:06 da tarde  

  • pensei que era o único! nunha viaxe a suiza eu deixei a miña cámara esquecida apousada nun banco dunha estación. Amoloume ben... seguro que o suizida que a atopou estaralle sacando intereses

    Piado por Blogger Mr Tichborne, ás 12:59 da manhã  

  • Ben que sinto o da cámara ( a fin de contas é algo material) máis paseoi ben na viaxe...

    Unha aperta desde a cidade do apostol.
    :)

    Piado por Anonymous Marinha de Allegue, ás 5:23 da tarde  

  • Vai pena o da cámara oh! Pero como lle dicía Miguel de Lira a un pelegrino ao que lle roubaron a cámara ao chegar a Comspotela: 'The important it's not it's the way'. Ver para crer!

    En calquera caso que o pase ben.

    Piado por Blogger Jan, ás 9:27 da tarde  

  • Cualquier día vemos sus fotos en el Interviu.
    Supongo que el afortunado que encontro su cámara no tarde en negociar con las revistas.

    Un saludo

    Piado por Blogger Artipractor, ás 10:19 da tarde  

  • Lémbrese de mandar postáis.

    Bicos e apertas.

    PD A raposa saíu sin avisar, ándese con ollo

    Piado por Blogger slesnor, ás 12:27 da tarde  

  • Looking for information and found it at this great site... film editing classes

    Piado por Anonymous Anónimo, ás 10:30 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home