<

21.5.06

Emigración

O venres deixei que o humano que me dá de comer viaxase só para arranxar algunhas das súas cousas. Cal foi o resultado? Volveu o domingo de mañá despois de perder a cámara de fotos pola noite mentres corría cara a unha estación do tren. Case lle arrinco os ollos dun peteirazo, por perder máis de 500 euros por non saber pechar ben unha mochila e por deixarme sen cámara de fotos para a miña viaxe de mañá...

Este pito translada as sempiternas vacacións de agosto para a semana que vén e estaralles fóra ata o mércores 31 ou 1 (dependendo do número de meses que teña maio). Á miña volta espero ensinarlles fotos ou, cando menos, algún debuxo do señor pito por Europa adiante. Peteiriños.

Chingado!

Teoría da conquista de Rius. Hace un chingo de años éramos muy chingones, pero entonces llegaron los chingaos gachupines y a purititos chingadazos nos chingaron.

18.5.06

Música

Día infernal de traballo. Ecoan os ruídos das batallas a pouta alzada con varios impresentables de distinta pelaxe; aínda que xa estea acostumado, non deixa de virme algún arre-pío polo noxo que inspiran certos señores das altas esferas.


[Foto: Familia de galos de pelexa cubana]


Tal e como planeara, non acudo á manifestación polo galego – ou similar – que se perpetra na Alameda. Cada día repúgnanme máis algúns negocios particulares, algunhas ineficacias, algunhas redes de influencia e coutos privados, algunhas listas negras, algunhas explotacións e algúns absurdos que se tecen ó redor da lingua galega. Por máis que insistan, non vou detallar máis isto, porque non quero acabar – sería típico do país – na ola do cocido. Mentres os oio camiñar, tecleo, non sei aínda se para salvar o mundo ou para redimirme.

Chego reventado ó galiñeiro e, en troques de me poñer a facer kilómetros e kilómetros de bicicleta, fuxindo do andazo inevitable, decido que hai que poñerlle fin a tantos meses sen tocar unha soa tecla e deixo esvarar as unllas entre varias partituras. O We are the champions, do que averiguo a letra; o aborto contado na Piccola storia ignobile; o (su)rrealismo máxico de No permita la Virgen; a utópica La locomotiva, que pide o triunfo da xustiza proletaria. Boto en falta a canción que estou escoitando obsesivamente esta noite, por que?



Desaparece a pasos axigantados a miña fe na humanidade ó escribir este post mentres algúns descerebrados montan no coche e circulan polas rúas da cidade axitando o claxon porque uns señores gañaron un partido, para quizais alegrar un pouco algunha patética vida de descerebrado. Metido na cama, apurando un libro para ler outro e coa lembranza da chuva da tarde aínda fresca, conclúo que hoxe foi outra pequena inxección de baleiro na miña vida.

14.5.06


[Foto: Bufón do sultán de Kashgar]

O mokaddem dos cameleiros foi buscar entón a Gran de Beleza e díxolle: "Mellor será, fillo meu, seguir ata Bagdad esta mesma noite, sen deternos a acampar aquí. Porque o lugar en que estamos é o máis perigoso de toda a viaxe! É o val dos Cans! Hai gran risco de que nos ataquen se permanecemos aquí durante a noite! ¡Apresurémonos, pois, a chegar a Bagdad antes de que pechen as portas! Porque tes que saber, fillo meu, que ocalifa manda pechar todas as noites as portas da cidade co fin de impedir que as hordas fanáticas entren ás agachadas e se apoderen dos libros da ciencia e dos manuscritos literarios encerrados nas salas das escolas, tirándoos logo ao Tigris!"

Post triste e deprimente

[Piu: Santo Domingo de la Calzada]

Piiíu píu píu píiiiiu piíu píu; píu píu pipipipíu píiiiu píupíupíuuuu píiiiu píu. Píiiu píiiu píupíupíu. Píupíu pipíupipiíupipiíu píiiu píiiu píuuuupiiiíu pipíiiiu píiiiiu. Pipipipíu, piiiíu. Píu píu píu. Píiiiu, píuuu, píiiiu. Píiiiu, píiiiiu, píu píiiiiiu píuuuuu píiiiiu. Píu. Píiiiiu, píiu, pipipipipiíu. Píupíuuuu pipíuuuu, píiiiiiiu píiiiu píu píu píu. Pipipipíu. Píiiiu píiiu pipipíiiu, pipíiiiu, pipíiiiiu, píu píu píu.

[píu: Philippe-Jacques de Loutherbourg]


12.5.06

Revista de prensa

[Foto: Baker Street. Alexander Trauner]

Nos últimos días, e por diferentes medios, caen nas miñas patas varios libros:

- Histoire secrète de la Gestapo.
- Fouché, el genio tenebroso.
- Vicente Rojo. Retrato de un general republicano.
- Conversas con Méndez Ferrín. Historia, literatura, nación.
- Sherlock Holmes de Baker Street.

Tento escribir o post triste e deprimente que me prometera, pero os múltiples líos en que andei metido esta semana corróenme por dentro e só teño forzas para esconder unha cousa, rezar un Noso Pai ante a nova foto que colguei e pensar no rico que estará o flan que meterei no bocho.

[Foto: Zippo]

9.5.06

Voto

Francesco Guccini recibiu onte un voto para ser elixido Presidente da Republica Italiano. Outro galo cantaría. Mentres tanto, podemos cantarexar: Rimanere così, annaspare nel niente, custodire i ricordi, carezzare le età: è uno stallo o un rifiuto crudele e incosciente, del diritto alla felicità?

6.5.06

Curiosidade lingüística


Tomando o exemplo de Esther Forgas, unha simpática reflexión do Dicionario da Real Miña Abuela Española:

- felación: 1. f. Estimulación bucal del pene.
-
cunnilingus: 1. m. Práctica sexual consistente en aplicar la boca a la vulva.


Miren vostedes o que quería dicir que Fulanito era un rapaz moi aplicado... (Recomendación da casa para ver se volven da escola con moitos destacas. Cuestionario para galiñas)

[Foto: Willy Ronis]


Arquitectura

Na cidade bañada polo Ebro están coma un caldeiro. Unha tarde atopo un pito pendurado dun balcón, e despois de frotar os ollos, aínda estaba alí.


O día seguinte fúgome a Pamplona, a contarlle a A. que polas noites hai quen canta diante do Arosa: Escrivá, déjalas follar / Balaguer, déjalas joder. Pásoo estupendamente de paseo pola cidade - ben coidada e con parque xaponés e cidadela e murallas incluídos no prezo - gozando da compañía de A. ata acabar cenando salchichas alemás en diferentes salsas, a un prezo prohibitivo.

Moda

A moda galiñega está en auxe. Pásoo moi ben na xuntanza de moitas pitas -e algún que outro pito - á que asisto, coas súas excursións e ascensións polo monte, na busca das covas onde viviu San Millán, que tantas veces se enfrontou ó Demo. O guía oficial dinos No hagan muchas fotos, que está prohibido. Alí observo un fermosísimo bolso (reparen na parte inferior dereita...)


Bastante máis comprometido é o deseño que atopo días máis tarde en Pamplona. O señor dos bicos de pulga participa das causas xustas e denuncia na súa tenda a situación de opresión e exterminio á que está sometido o noso pobo.

Viaje con nosotros

A semana pasada este pito estivo en terras do alén-Padornelo, lonxe da bi-casa. Coma sempre, escandalízome co nefasto servizo que dá a compañía española de ferrocarrís, empeñada en fundir o servizo dos comboios. Cando menos, podo pasar algunhas horas de/en Miranda, vendo pasar, unir e segmentar trens.


Unha vez chego a destino, bastante reventado pola viaxe - afortunadamente, case sempre sen ninguén ó lado - probo un pouco de Picadillo de chorizo e meto as miñas plumas na cama que atopei, a un prezo módico, cerca dunha tenda de carameletes da Viuda de Solano.


Lamentablemente, non preguntei antes e tocoume un hostal deses que teñen uns chaveiros case tan grandes coma min e indubidablemente máis pesados a pesar de todo o chocolate que peteiro ultimamente. Por despiste, collo un pixama un par de talles maior do debido. Acompáñame un dos libros máis bonitos que estea a ler en moito tempo, El mundo de ayer. Memorias de un europeo, do escritor austríaco Stefan Zweig.

3.5.06

A palabra máis fermosa do galiñego

Están estes días a escoller, na Coz de Galicia - sempre loitando pola lingua! - a palabra máis fermosa do galego. Leo diferentes propostas, das esperables brétema e bolboreta á peculiar chintófano ou incluso chorima. Pero boto en falta a palabra que máis suxire, que designa un concepto máis elegante, que ten unha fonética que ata os nenos pequenos poden emular,... Voten pola mellor palabra do galego: pito