<

26.4.06

Éxodo


Mentres o paspán do home que me dá millo andaba deixándose seducir, eu visitaba escaparates. Voulles estar unha semaniña fóra. Ata a vista. Peteiriños.

25

O 26 foi un día marabilloso, porque houbo un 25.

23.4.06

Bruges-la-Morte

Hoxe persígueme o fotógrafo Spencer Tunick, que aparece comentado nos dous xornais que comprei.

A verdade é que cando lin o libro, eu imaxinaba Bruxas doutra maneira...

No cubo do lixo

Unha vez que estaba no galiñeiro do Sur, escaravellei nunha revista que viña de acompañante dun xornal. Ó xeito dos señores do Smoking Gun, tiña unha sección dedicada a remexer na merda allea, só que neste caso o facían de modo máis literal, levantando as tapas do cubo de lixo das mansións dos famosos para ver qué tiraban. Revisando o meu, atopo:

+ Don’t you wanna fuck like a pornostar in the movie you saw yesterday?
+ blue potato chip [un aviso de que invista nunha compañía tecnolóxica]
+ BEST PROPOSAL OF PART TIME JOB. [a proposta era ser financial manager for cooperation with private individuals]
+ . [venda de Rolex, desde 219 dólares]
+ BOLETÍN-DE-NOVEDADES-EMPLEO-PÚBLICO-UNIVERSIA
+ F-i- ck-g-ei-l-e Models ta-b-u-los [que en alemán é algo así como fode con modelos cachondas sen tabús]
+ BOLETIN PRIMER EMPLEO [tiña de bo que me ofrecía traballar en Coca-Cola, que lle deu nome a este blogue por un dos seus ingredientes]
+ You always wanted to use your penis as a billiards cue
+ Boletim OLIVENÇA-PORTUGAL (n.º 6) [uns señores que queren que Olivença volva ser portuguesa]
+ Successful transmission [véndeme unha medicina mellor cá Viagra para mellorar a miña erección... aínda que non creo que funcione con pitos, snife]
+ A GREAT CHANCE TO EARN MORE [a mesmiña oferta de antes, de mánager]
+ The size of your penis is your definition of life, define it with Advanced Gain Pro Penis Enlargement Pills.
+ Cute lolita sisters present.
+ PURIFICADOR DE POR VIDA [un purificador de auga; por 380 euros, evito inxerir cloro e outros compoñentes nocivos para a miña saúde]
+ Schwarze Jungs haben´s drauf [qué maniáticos coa pornografía alemá; fotos de convivencia harmónica entre a raza branca e a negra]

17.4.06

Felices Pascuas


Mándanme unha felicitación pascual do Sindicato de Pitas Cantoras para todos vostedes (formato pps, de Powerpoint ou similar)

A gran novela galega

Circula polo Internet un argumentario de ideas para unha novela de éxito.

Quizais poidan coller ideas os nosos máis egrexios e talentosos novelistas [si, fíxeno a propósito] para facer a gran novela do galego (ou un superventas que poida publicar a Academia para pagar o seu innumerable, evidente e importantísimo labor social...)

13.4.06

Feísmo urbanístico

A través de Estrela Negra bato por casualidade - pequeno que é o mundo! - coa canción que me comentaba C. que estaba triunfando nalgunhas discotecas de aló embaixo... Paraíso de filólogos.

El Koala - Opá, yo Viazé un Corrá



Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá gallina y pa eshá minino
Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá perdice y esha pajarillos
Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá guarrilla y pa eshá guarrillo
Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá una potra, ay, con su potrillo

Yo te ayudo a arrancar la Guzzi
yo te ayudo a pintá Land Rover
yo te ayudo a sacar las papas
te ayudo a lo que haga farta
pero que sepas que...

Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá gallina y pa eshá minino
Opá, yo voiacé un corrá
con tu permizo hago un corralillo

Tengo las maderas
y tengo dos tablones
la shapa der tejao

la he sacao de unos bidones

Tengo las maneras
y tengo las intenciones, opaito
Er domingo empiezo
a ver si tengo cojones, Opá!

Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá coneja y eshá conejillo
Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá una perra, ay, con su perrillos
Opá, yo voiacé un corrá
pa guardá coza y hasta la motillo
Opá, yo voiacé un corrá
con tu permizo hago un corralillo

Yo te ayudo a barrer los shumbos
yo te ayudo a quemar a Ramón
te ayudo a lo que haga farta
te ayudo, te ayudo a to
pero que sepas que...

Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá cabrilla y zacá shibillo
Opá, yo voiacé un corrá
pa eshá guarrilla y zacá guarrillos
Opá, yo voiacé un corrá
con tu permizo yo hago un corralillo
Opá, yo voiacé un corrá
en las afueras de Gibraltar el shico

Yo voiacé un corrá
yo voiacé un corrá
yo voiacé un corrá
yo voiacé un corrá
voiacé un corrá
yo voiacé un corrá
yo voiacé un corrá
yo voiacé un corrá!

Opá, opá, opaito!
que viacé un corrá!

12.4.06

Pito in Black

O domingo, C. e mais eu acudimos de visita á Área 51. Alí, estiven manexando aparellos de alta tecnoloxía que valían máis de 6000 euros e escaravellando a ver se atopaba algo de comer (había uns bechiños pequenos que parecían pipas). Paseino en grande no que seguramente foi un momento único na vida.

11.4.06

Aquel pito vestido de nazareno


Acudo, por fin, ó encontro de C., a quen vira en Humidtown hai uns meses e - demasiado fugazmente - na capital do Imperio Pequeno. Como corresponde á miña alcurnia, hospédome na zona máis exclusiva de Triana, nun galiñeiro equipado con colchóns novos, moitos GharryPóteres en inglés e algún libro deliciosamente obsceno. Recargo as pilas. Aprendo.

No parque, entre nenos que xogan vaidosos con globos - un deles rompeu, claro - falamos de que hai dous tipos de persoas: os namorados do amor e os namorados da vida. E anotado o de ensinarlle chinés á nena chinesa.

Camiñando pola rúa, este pito case se dá unha hostia por tentar non chocar de fronte co Tolo. Sevilla está chea de sevillanos e un bo número deles procuran - elegantes - atopar algo de penitencia activa ou pasiva para a súa alma. Case todos me traen á memoria a Don Guido, que musicaba Serrat, co seu letrista Machado. Buscan salvar as almas sen querer caer na conta da verdadeira esencia da frase: o home está por riba do sábado, e non o sábado por riba do home.


Alomenos Deus, na súa infinita sabedoría, deulles un modo riquísimo de fritir o cazón.

3.4.06

Verdegaia

Onte nace unha asociación ecoloxista, eses señores que defenden os bechos de que lles pase unha autoestrada por riba do galiñeiro ou usen a súa penuxe para facer abrigos que cubran as señoras á saída da misa de oito os sábados do inverno.

E nace cun pito de plumas medio verdes, medio brancas. Beizón e benvida a Verdegaia.

Denuncia


O domingo case tiro o millo-brócoli polo chan, porque mentres comía, batín cun anuncio da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade que se resume en: Precarios non | Preparados. A precariedade laboral é un crime. Denúnciao en preparadosi@xunta.es. Nin Quin nin Rubén aclaran qué farán cos nomes que reciban – se cadra, todo forma parte dunha orixinal performance para empapelar as paredes do despacho do Vicepresidente da Igualdade – pero por xogar, non perden nada, váianme collendo papel e boli para escribir moitos emails.

Filmes

Para tentar repoñerme da espantosa Melissa P., (á que unicamente salvan –obseso de min e para seguir a liña temática deste blo nos últimos días – as tetas de María Valverde) métome en vea O triunfo da vontade, da directora “maldita” Leni Riefenstahl, moitas veces ignorada por un suposto nazismo. Aínda que non acostumo facelo, selecciono a opción do Audiocomentario para poder oír a marabillosa oratoria do exvicerreitor, un grande encantador de serpes que non atina – nin o seu compañeiro de comentarios – coa pronuncia correcta do nome da realizadora alemá: Reifenstal, Refenstal, Raifenstal,...

A noite seguinte decido ver a película que o encanto de androide me regalara meses atrás. As agradables sorpresas vanse sucedendo unha detrás doutra, mentres desfilan James Wood, Anthony Edwards, Nick Nolte ou – a musa da semana – Daryl Hannah. Northfork é unha preciosidade, cunha música de fábula. Cun pouco de cursilería e agachando a cabeza para non recibir unha hostia, diría que é unha cousa máis que me descobres.


Cultura

Apurando ata o límite os prazos, este señor pito camiña baixo o dioivo universal ata Belvís para verlle a exposición ó Artipractor ... mmm, menudo goce para os termites, que estarían desexando roer na madeira rica rica e con sulcos xa feitos para facilitar as primeiras aproximacións, que son as máis dolorosas.

A mostra ten lugar no alto do Centro Sociocultural A Trisca – que pode ser sinónimo de pitela, dito sexa de paso como observación pedante. No baixo, unha sala onde varios grupos de señoras sentan ó redor dunha mesa para xogar a partida. No primeiro andar, un obradoiro onde se entreteñen varios nenos; no segundo, unha sala de xogos para pequechos berreantes e, creo, algún local para ensaios. Desde o terceiro piso, a sala de exposicións, totalmente acristalada, distínguense as ameazadoras grúas-guindastres da Cidade da Cultura.

Mirando para o mamotreto comecartos desde un exemplar da cultura social, dos servizos próximos ó cidadán, sufro unha súbita revelación, case epiléptica e comprendo a esencia do país dos comedores de patacas, o país do AVE e dos paseos marítimos pagados cos cartos europeos.