<

27.2.06

Parada técnica

Durante esta semana, o señor pito de galiñeiro non recibe nin escribe no blogue. A súa continua misión para explorar novos e estraños mundos, buscar novas formas de vida e novas civilizacións, viaxando ousadamente aonde ningún pito chegou antes lévao ós Madriles ata o domingo, finalmente co descanso de non ter que compartir mesa co señor Zapatiños. Xa lles contarei. Páseno ben e, se teñen vagar, unha recomendación para este venres:


(non se le o texto, pero é que tiven problemas para subir a foto: Exposición de Igor Pereda. Toco Madera. A Trisca, Centro Sociocultural. Inauguración: día 3, ás 20h (está aberta do 3 ó 31). Rúa Corredoira das Fraguas, 92 [San Pedro], peteiren empanada)

Antroido

Foto do Sr. Pito de Galiñeiro probando o seu disfrace de pato xigante que vai acabar coa civilización

26.2.06

Bricolaxe

O señor pito esperta hoxe preguiceiro, como todas as veces que ten moito que facer, e reptou lentamente cara ó computador, como se fose un deses galos chusqueros de galiñeiro que cando era a súa vez escaparon á machada e hoxe duran por unha sorte de respeto á tradición...



O venres acudín ó teatro (aforren o chiste fácil, non, non estaba no galiñeiro...). Segundo comentaba despois co Androide e coa Queixeira - a miña pateticidade escollendo os alcumes é razón de máis para que prefira optar por iniciais - o meu espírito crítico estaba apagado, ou talvez suficientemente anestesiado polas patadas que lle daban ó galego eses señores (aos, coller a,...), porque parece mentira que a xente do teatro pense que se le como se escribe. Despois, o meu habitual baixón e a durmir...



Teño pendentes dous discursos para esta semana que entra - xa veremos se me toca aturalo ou non - e un informe. Quería remodelar dous artigos e preparar o resumo doutro. Teño moito traballo aínda por acabar..... e a que me dedico?:

- A baixar engadidos para un xogo que aínda non utilicei nunca máis de 10 minutos, pero que fala dun tema que me encanta.
- A ver un videoclip facha e carente de gusto, ademais de manipulador, claro, que xa se lles dá por suposto a Xan e a Pirillán.
- Poñer orde nos arquivos de ordenador que se me amorean na carpeta para organizar.
- Ler os piriódicos.
- Buscar (e atopar) fotos suxerentes da miña nova musa, Bryce Dallas Howard (e prepararlle o ramo de rosas, que este xoves está de aniversario).
- Engadir algúns blogues aquí á dereita e escaravellar no que falan.

Como dicía o Gran Wyoming, ¡así no levantamos España! (ou si...)

24.2.06

Atchíiiiiiiis!!

22.2.06

Posdatas

1. Por razóns que non veñen ó caso, no meu soño entrei nunha casa dunhas tías que non coñecía. Ían a unha festa ou así e estaban medio despelotadas no recibidor vestíndose. Eu entraba buscando a unhas persoas e, ó saír, como intruso ben educado, despedinme delas e saín pola porta. Polas escaleiras abaixo oín que unha delas comentaba: este tío es un humanista, me estaba mirando directamente a la cara.



2. Auto(hétero)bombo. Non ter tempo para escaravellar na rede fai que un non saiba cándo falan dun

Mahoma

Cando escoito do tema das caricaturas, non deixa de virme á cabeza un dos meus comics favoritos de pito pequeno, que contiña unha biografía ilustrada do profeta Mahoma, sen que aparentemente queimasen a casa editora de tal tebeo; claro que eran os tempos nos que os máis dos integristas islámicos estaban financiados pola CIA...



Nin deixa de asombrarme o grande número de veces – e aparente convicción – que a xente repite o estúpido aforismo de que todas as ideas son respectables.

Pero claro que me sorprende aínda máis que os católicos se escandalicen tanto e se precen de ser unha cultura tolerante, cando o seu Deus lles di claramente nos Mandamentos: Non facies tibi sculptile, neque omnem similitudinem quae est in caelo desuper, et quae in terra deorsum, nec eorum quae sunt in aquis sub terra (Éx. 20, 4). Simplemente manteñen o que os popes desta relixión farisea estableceron: fai o que mellor che aproveite. Anda que como ó cura se lle vaia a man á hora de establecer as lecturas para a misa, aínda han levar un bo susto algúns... volvo cos meus rezos ó único deus verdadeiro:

Jaureguizar



Hoxe acudinlle, con i.a., á presentación do libro de Jaure-guizar. Moi agradable sorpresa: en Sargadelos teñen expostos carteis orixinais do maio do 68. Entre o numerosísimo público de 10 persoas distingo un ex-director xeral; máis tarde acláranme que estaba tamén o crítico polivalente que non puxo o meu blogue entre os selectos e incluso un poeta.

Non me pronuncio sobre o contido de verdade da frase, pero gústame oír que Castelao facía moi bos chistes e era un estupendo publicista, pero do resto non hai nada que salientar. Disgústame seguir oíndo tópicos manidos sobre os blogues e sorrío X – non sei poñerme un adxectivo, ou non debo – cando o androide fai a pregunta para a que está programado.


Des-barro

Finalmente, convénceme para que abandone a miña glamourosa folga de televisión e planifico o día e a apresurada cea para poder plantarme diante da TV a escoitar as barrabasadas de House (ten razón i.a. en que teño que comer moito millo para ser coma el de grande). Nin sequera 6 km – en 9 minutos – de bicicleta estática nin algo de vagar para ler as esbardalladas de Trotski, coa súa peculiar autobiografía na que a dona e os fillos só existen por acaso, en menos dunha páxina.

Por prurito profesional, plántome diante do televisor co portátil e remato unha presentación que teño pendente desde hai meses, agardando quizais a que varrese o meu particular sentimento de abulia vital. Despois de rematar a serie, escribo un post (tamén retrasado, non intúo ben por qué) , mentres oio os agradables desvaríos do tolo Franco Battiato, que unha agradable conversa de tarde – desculpen que asome un pouco as ás fóra do armario – me fixo (re)lembrar:



Nei villaggi di frontiera guardano passare i treni
le strade deserte di Tozeur

Da una casa lontana tua madre mi vede
si ricorda di me delle mie abitudini

E per un istante ritorna la voglia di vivere
a un'altra velocità

Passano ancora lenti i treni per Tozeur

Nelle chiese abbandonate si preparano rifugi
e nuove astronavi per viaggi interstellari

In una vecchia miniera distese di sale
e un ricordo di me come un incantesimo

E per un istante ritorna la voglia di vivere
a un'altra velocità

Passano ancora lenti i treni per Tozeur

Nei villaggi di frontiera guardano passare
i treni per Tozeur

Entrementres, levanto un pouco as plumas e vexo qué carallo pasa coas manchas que teño na miña pel, esperando que non desaparezan antes da visita que teño concertada co vitrinario. País.

18.2.06

Durmir

Díxome un meu curmán que hoxe durmiu máis de 10 horas, desde a unha da noite ata as once e pico da mañá, a pesar de que notaba unha estraña opresión no peito...

16.2.06

A investigación é útil para a sociedade

Pois iso...

---------------

Científicos gallegos hallan el maíz que mejor resiste el frío en el mundo

La variedad de Ponteareas mezclada con una pura es la que aguanta temperaturas más bajas

El descubrimiento permitirá aumentar el tiempo de cultivo y, por tanto, la productividad

(Firma: Luis Carlos Llera | Lugar: vigo)

La variedad de maíz que se cultiva tradicionalmente en Ponteareas mezclada con la línea pura E80 produce el híbrido de este cereal que mejor aguanta el frío, según los investigadores de la Misión Biológica de Galicia, dependiente del Centro Superior de Investigaciones Científicas.

En Galicia hay 77 variedades diferentes de maíz de las 200 que existen en el mundo. Víctor Rodríguez Graña, becario de la Misión, que va a continuar con su trabajo investigador en Suiza, y autor de las conclusiones, partió para su informe de nueve variedades y cinco líneas puras que presentaban una cierta tolerancia al frío.

El estudio concluyó que la variedad más resistente es la de Ponteareas, pero que también tienen muy buen aguante las de Lalín y Santiago, así como la americana Silver King.

Cámara de crecimiento

Los estudios se llevaron a cabo en una cámara de crecimiento y en el campo, adelantando la fecha de la siembra. En la cámara de crecimiento se mantuvieron las condiciones de temperatura y luz propias del mes de abril en el costa sur de Galicia, que suponen catorce horas de luz a 14 grados de temperatura media y diez horas de oscuridad a ocho grados.

La ventaja de la cámara de crecimiento es que se pueden controlar todos los factores ambientales y asegurarse de que el frío es el único factor que limita el crecimiento. A la hora de escoger las variedades más aptas para el programa de mejora se tuvieron en cuenta las que presentaron un buen desarrollo en los primeros estadios a bajas temperaturas y las que ofrecían una buena productividad.

En los lugares donde las primaveras son frías y lluviosas sólo se puede cultivar maíz de mayo a septiembre.

14.2.06

La Engaña

Non, non se trata dun arrebato de rabuxentice máis grande do habitual, visto o día que é, con xente sen vergoña que camiña pola rúa con enormes globos vermellos ou cun nada discreto ramo de rosas vermellas ou adminículos similares. Aínda que nestas cousas eu participe da opinión dos rapaces-salvadores-da-patria, confeso que tampouco teño os azos suficientes para dicirlles ós namorados de hoxe que, aínda no caso de non se deixaren ou traizoaren, serán pútridos corpos en descomposición.


Desta vez, o choio vai sobre o ferrocarril. Ós ollos galiñáceos, é incomprensible a vosa lóxica humana. Cambiades un medio de comunicación seguro por un que causa miles de accidentes ó ano, cambiades un medio de fácil mantemento por un que vos pide parches de piche ano tras ano, cambiades un medio ecolóxico polo fume dos autos e todo o asfalto das autoestradas,... En fin, vós saberedes. García Calvo pareceume moi lúcido cando escribía que ó final todo se reducía a facer crer á xente que indo cos seus autos son libres, pero tamén é certo que ó final é o de sempre, a cantidade de intereses que se tecen ó redor do automóbil: as rúas levantadas para facerlles aparcadoiros, o piche de renovación todos os anos, o emporio da gasolina e o petróleo...

Bueno, realmente eu non viña botarlles o mitin, pero resulta que saín pito ferroviario. O de La Engaña sae porque o domingo estiven lendo (e vendo!) o libro de Rafael Cid Carrilanos. Os túneles dun tempo. Alí cóntase da historia dos heroes que levantaron a liña férrea entre Ourense e Puebla de Sanabria, actualmente infrautilizada, como é habitual na Renfe - e como corresponde ó seu desprezo polo ferrocarril. Ademais de datos moi interesantes para constatar a mutabilidade da toponimia e da onomástica, alí fálanos do magno túnel do Padornelo, de cinco quilómetros, 949 metros e 18 centímetros, que tardaron vinte anos en construír. É o primeiro túnel en servizo do Estado atendendo á lonxitude, porque existe un túnel de 6956 metros en Santander - La Engaña - que merece quedar na historia do despropósito - ou do disparate - ibérico.


A comezos do s. XX xorde a idea de unir os portos de Valencia e Santander cunha liña de ferrocarril, para dar saída ás mercadorías da Meseta, pero tamén para aforrar un traxecto en barco dunha semana, circunnavegando a Península. As obras desta liña comezaron en 1924, impulsadas polo goberno de Miguel Primo de Rivera, tan afeccionado ás obras públicas, pero fóronse ralentizando en varias ocasións. En 1941, os enxeñeiros deciden que hai que furar o Cotero de la Brena para comunicar os vales de La Engaña e Yera; calculan 52 meses de execución para sete quilómetros de túnel, pero a realidade é que tardan 14 anos - 17 anos e medio din outros-, nunha obra esgotadora na que participaron moreas de prisioneiros de guerra republicanos.


Cando xa foran edificadas ducias de estacións e instalacións da liña, en 1959 o Generalísimo Franco decide non rematar o tramo entre Santalices e Santander, sobre 60 quilómetros, cando a liña xa completada chegaba ós seiscentos. Aducíronse dificultades orográficas, cando realmente parece ser que pesaron as presións de industriais vascos, preocupados polo porto de Bilbao. O túnel quedou completo, pero sen liña férrea tendida, e o resto do traxecto, ata Caminreal, funcionou daquela maneira: por un lado, os horarios parecían -como se fai agora tamén - feitos a propósito para que a xente non viaxase no tren; polo outro, non chegar nin a Valencia nin a Santander lastraba enormemente o número de persoas ás que lle podía interesar este traxecto, que só tiña como poboacións importantes Burgos, Soria e Calatayud.

O tiro de gracia chegou o infausto 1 de xaneiro de 1985, en que o goberno ¿socialista? pechou miles de quilómetros de camiño de ferro, aducindo que eran deficitarias, e privando España dunha rede de comunicación homoxénea e - por suposto - de calquera perspectiva de ampliación, en favor do transporte por estrada. Hoxe o túnel da Engaña esmorece e cae a cachos - desde maio do 2005 xa non está en condicións de ser atravesado. Morrerá sen que ningún tren pase por el. País.

Para escaravellar:
+ Túnel de la Engaña (Wikipedia)
+ Roteiro ciclista
+ Galería fotográfica
+ El Correo Digital: Excursiones
+ Historia de Vega de Pas
+ Senderos de Cantabria: El túnel de la Engaña
+ Reflexiones de un aburreovejas
+ Santander-Mediterráneo.net
+ Ferrocarril de Santander a Valencia

11.2.06

Homenaxe

Mentres engado algúns galiñeiros á columna da dereita [para mañá, queda para mañá! que sono!], pego unha canción de homenaxe. Dentro de media hora rematarei con Smiley para pasar a Trotsky. Relativismo cultural.


E.L.E.V.E.N
(El famoso encuentro de Matt Murdock y Ray Charles)





















Matt ¿Donde estás?
¡Ray, no te veo!
Mi oído no funciona
mi radar se ha estropeado
mi radar se ha estropeado
mi radar ya no funciona más

y no sé donde estás

no sé donde estás.

9.2.06

Había unha vez... un pito que puxo un ovo

8.2.06

Bricolaxe




















O domingo esperto cunha intensa dor de gorxa. Probo as novas tecnoloxías: entrando no Internete, en menos de 5 minutos (se empregas Internet Explorer, claro, porque o seu é que o Réxime axude o Oligopolio) consigo vez para o vitrinario do Galiñeiro do Sur o luns ás 9:40 da mañá. Seique teño unha bonita inflamación do bocho e danme paveros grans de millo verdes e brancos


Onte, por primeira vez en moitos meses, enchufo a antena da TV para ver unha serie que me recomendaron (algúns dicindo que me parecía ó señor rabuxento da barba, pero creo que aínda me queda moito para ensinar tanta mala milk). Gústame, aínda que non sei se lle perdoarei que onte non dese as miñas pedaladas ou se merecerá que este pito abandone a súa torre de marfil para descender ó mundanal proletariado da TV.

Sen embargo, para unha cousa máis pagou a pena, para ver un anuncio deses que lle gustarían tanto a Pérez-Reverte: o exército español como unha ONG caritativa que coida os pobres negriños, refuxiados, masacrados (curiosamente polas armas que vende o Imperio Pequeno, pero non quero facer sangue). Que diría o Sarxento Arensivia disto?

5.2.06

Obra Social Pítica: Información interesante para San Valentín

Valentine’s Day is rapidly approaching. If you have a steady sweetheart or just a hopeless crush, you know the drill already. But let’s say you’re in a less conventional romantic situation – you have a “friend with benefits” (a.k.a. a fuck buddy) deal worked out. For some people this is an ideal between-relationships arrangement, a no strings, no commitments, friendly you-scratch-my-itch-and-I’ll-scratch-yours type agreement. It works out so well because you get the sex and some of the companionship of a relationship (the “benefits”) without the stress and drama. That is, until V-Day, the most romantic day of the year, rolls around, and things can get awkward. What’s the correct Valentine’s etiquette for friends with benefits?

Of course, how you deal with Valentine’s depends on how you feel about your fuck buddy. Do you want to take things to the next level and develop a closer relationship with them? In that case, the answer is easy: make a “date” to get together for a “session” on February 14 and the rest should care of itself. If you want to go out on a limb, you could even suggest dinner and a movie (or just pizza and a DVD) instead of the standard roll in the hay. Once you’ve got them on the couch, turn up the heat and let them know how you feel. The only problem is that if they don’t feel the same way, you’ve probably just blown the deal, since one of the unspoken rules of friends with benefits is that you can’t develop an emotional attachment to the other person. But at the worst, this means you might have to find another friend to fool around with.

If, on the other hand, you’re happy with the arrangement as it is and just want to keep things status quo, here are a few suggestions. First of all, don’t just ignore the fact that Valentine’s Day is coming. Pretending it’s not happening is a great way to set yourself up for weirdness and tension between you and your sex buddy. Be proactive, make a plan, and let your friend know either directly or indirectly where you stand.

Perhaps the best way to sidestep the issue is to make a “date” to get together with your partner in crime right before V-Day. Valentine’s falls on a Monday this year, so the weekend is a perfect time. It’s the same strategy you use when you have a friend or relative that you don’t want to spend time with on a particular holiday, like Christmas or Thanksgiving. You get the obligation out of the way ahead of time; in theory, they’ll feel like you’ve thrown them enough of a bone that they won’t feel so bad when you blow them off on the more important date. And seeing your fuck buddy before February 14 assures that any accumulating sexual urges get satisfied in a neutral, nonromantic way.

If your fuck buddy starts hinting that he or she would like to spend Valentine’s Day with you, a simple “Sorry, I’m busy,” should be sufficient to end the discussion. Most friends with benefits have a sort of “don’t ask, don’t tell” agreement that allows both participants to have space to carry on their own personal lives. They don’t have to know that your plans for the evening may consist of nothing more than microwave popcorn or a six-pack and HBO. If you do happen to have a date with an actual romantic prospect on Valentine’s, your fuck buddy doesn’t need to know about it – just like your Valentine doesn’t need to know you have a current fuck buddy.

Another tactic you might try is to use humor to defuse the fireworks of Valentine’s. Instead of flowers or candy, get your fuck buddy a gag gift that emphasizes the sexual rather than potentially romantic aspect of your relationship. A box of condoms or bottle of lube is always an excellent choice. Or you might get her a vibrator, dildo, or other sex toys, for “when you’re not around.” For him, maybe a blow up doll, a Fleshlight, or a fake pussy. If you include a card, make sure to say how much you enjoy your arrangement the way things are, and you’re glad you don’t have to be all serious for Valentine’s Day.

The bottom line is that it’s important to let your fuck buddy know that you appreciate him or her, that the two of you have a good thing going on, and you don’t want to mess it up. On Valentine’s Day, people are looking for validation of their relationships with others, so it’s good to give your friend with benefits some props and acknowledgement for being there for you in your time of need. But at the same time, let them know that you don’t want to ruin your special arrangement by letting things get too heavy. With any luck, you’ll both be on the same page and you can blithely dodge Cupid’s arrows for another February.

4.2.06

Canciones para después de una guerra

É pavero que moitas veces se nos queda unha canción estribillando na cabeza e cada dous por tres estás cantarexándoa... O problema vén cando esa canción a topaches en Internet nunha páxina que che contaron e resulta que esa páxina é esta [ollo!: non a abran no Tarasca nin nas Crechas, que ten música]... E así, teñen vostedes un pito que se dedica a cacarexar Pobrecitos maridos infelices:

Pobrecitos maridos infelices,
que tenéis la testuz como un carnero,

viviréis contentos y felices,
alistados al Tercio de Extranjeros.

Son tres pesetas,
bien comido y bien bebido,
tendrás fama de león,
aunque seas un cabrito en la Legión.

[...]

y ese otro que en su pueblo,
se las daba de sereno,
con el hambre que pasaba
se alistó al Tercio de Extranjeros,
jo jo jo porón pon pon

A los cuatro días
cabo interino lo hicieron,
le vino la propuesta
firmada por los rancheros,
le quitan los galones
por ser un mangante,
y al día siguiente
le hacen machacante.

Se ha portado bien
en las operaciones,
todas las medallas
y todos los galones
los lleva colgados
de los cojones.

Acabo de recibir... chin pum (bis)
noticias frescas de mi país (bis)

Se está poniendo España
en tan malas condiciones
que se está desarrollando
el gremio de maricones.

Como siga así la cosa
con tan poco disimulo
se va a hacer pequeño el mundo
para ir a tomar por culo.

¡Cómprate una gabardina, cabrón!

Por se acaso quedaron co mono: aquí lles deixo unhas ligazóns. Que o peteiren ben!

2.2.06

Himno

Sempre que teño ocasión - especialmente nestes tempos de Estatuts, de Seleccións de fútbol ou de cabuxas da Lexión que entregan cartas a ministros patrioteiros - escoito un himno distinto, o himno de Madrid, composto polo peculiar Garcia Calvo a cambio dunha peseta. En troques de sangue derramado para emular o, sen dúbida, glorioso Breogán ou para que na España volva renacer - tanto me ten -, vexo moito máis acertado un himno co Deus do Progreso [por que non escollemos a locomotora do Curros? porque non casaba co noso moi católico Partido Galeguista? Se os lusos escollen algunha do Campos, apúntome], e con semáforos para os autos, para ver se facemos un párking subterráneo nos verdes castros.




Yo estaba en el medio:
giraban las otras en corro,
y yo era el centro.
Ya el corro se rompe,
ya se hacen Estado los pueblos,
Y aquí de vacío girando
sola me quedo.
Cada cual quiere ser cada una:
no voy a ser menos:
¡Madrid, uno, libre, redondo,
autónomo, entero!
Mire el sujeto
las vueltas que da el mundo
para estarse quieto.
Yo tengo mi cuerpo:
un triángulo roto en el mapa
por ley o decreto
entre Ávila y Guadalajara,
Segovia y Toledo:
provincia de toda provincia,
flor del desierto.
Somosierra me guarda del Norte y
Guadarrama con Gredos;
Jarama y Henares al Tajo
se llevan el resto.
Y a costa de esto,
yo soy el Ente Autónomo último,
el puro y sincero.
¡Viva mi dueño,
que, sólo por ser algo,
soy madrileño!
Y en medio del medio,
Capital de la esencia y potencia,
garajes, museos,
estadios, semáforos, bancos,
y vivan los muertos:
¡Madrid, Metrópoli, ideal
del Dios del Progreso!
Lo que pasa por ahí, todo pasa
en mí, y por eso
funcionarios en mí y proletarios
y números, almas y masas
caen por su peso;
y yo soy todos y nadie,
político ensueño.
Y ése es mi anhelo,
que por algo se dice:
«De Madrid, al cielo».