Servizo de socorro de Radio Nacional de España
Teño curiosidade por coñecer moza de ó redor dos 20 anos ataviada con pantalón de cor castaña clara, paraugas vermello, maleta de Adolfo Domínguez difícil de manexar (vermella e co U característico do deseñador) e cun bolso viola con inscricións. Foi vista descendendo dun tren de procedencia Sur no apeadeiro de Humidtown a iso das 18:25 o 29 de xaneiro de 2006 e a última noticia que se tivo dela foi que entrou no quiosco Contos da Virxe da Cerca ás 18:40, aproximadamente.
-----
A ver se isto vai acontecer fóra das screw-ball comedies.....
-----
A ver se isto vai acontecer fóra das screw-ball comedies.....
8 Piadas:
Namorou-se-nos o pitinho? ;)
Piado por
Fer, ás 8:22 PM
:-D Non, namorarse non (nese caso, esperaríaa á saída do quiosco, aínda que me estragase o post), pero si que teño curiosidade, entre outras cousas, por ver se Humidtown é tan aldea como din;-)
Piado por
Le Petit Poyon, ás 9:13 PM
Pobre muchacha hermosa apresurada
que deprisa vienes hacia mi al
cruzar la calle
y te pasas por mi lado sin saber que yo
que yo soy la razón de tu existencia
Tu ni siquiera me ves, yo te sonrío
y admiro tus cabellos
y tus piernas
y tu culo
Tu estas tan buena,
yo te haría tan dichosa
Pero tu ...
tu te lo pierdes con tu prisa
Tu estas tan buena,
yo te haría tan dichosa
Pero tu ...
tu te lo pierdes con tu prisa
Piado por
eue, ás 8:30 PM
Oe, pitiño, modera os comentarios para que non entren a decir chorradas os indesexables coma min e o espamista markericksxxxx que me precede. ¡Que se che vai encher isto de mensaxes chorras, que xa lle pasou a máis dun, ata que o blog se atora de todo! (E non queremos)
Piado por
R.R., ás 10:54 AM
Feito. Houbo unha vez en que puxera a verificación por palabra, porque sufrira unha vaga de ataques destes, pero logo desapareceron, así que quiteina. Se volven os vándalos, xa veremos.
Píupiu
Piado por
Le Petit Poyon, ás 11:29 AM
1) ai, meu caro pito! é vostede un romántico incurábel.
2) ai, meu caro pito! por que pensas que desapareceu o spam do teu blog, se non é porque puxeras a verificación por "palabra"?
3) mira que chamarlle "palabra" a esas cousas... vou facer un poema con esas palabras.
Piado por
ohqtordv, ás 2:01 PM
gostaría de ser eu... a ver se ma adica un posto así de bonito algún día sen sabelo...
Piado por
mm, ás 5:26 PM
mm, non ten blogue vostede?
Se me dá algunha pista, dedícolle un post, palabra de pito;-)
Piado por
Le Petit Poyon, ás 7:09 PM
Enviar um comentário
<< Home