<

31.1.06

Así. Esta tarde.

volveu nevar, grazas polo sal

29.1.06

Servizo de socorro de Radio Nacional de España

Teño curiosidade por coñecer moza de ó redor dos 20 anos ataviada con pantalón de cor castaña clara, paraugas vermello, maleta de Adolfo Domínguez difícil de manexar (vermella e co U característico do deseñador) e cun bolso viola con inscricións. Foi vista descendendo dun tren de procedencia Sur no apeadeiro de Humidtown a iso das 18:25 o 29 de xaneiro de 2006 e a última noticia que se tivo dela foi que entrou no quiosco Contos da Virxe da Cerca ás 18:40, aproximadamente.

-----

A ver se isto vai acontecer fóra das screw-ball comedies.....

28.1.06

Cartos

Antes de ir durmir, atopo un novo xogo, un calculador de prezos de blogues:


Por facer sangue, selecciono algunhas bitácoras da dereita:

- Días estranhos: $63,793.02
- O ollo da vaca: $23,710.68
- O quilombo: $20,323.44
- A pícara de Allegue: $17,500.74
- A vida dun inocente pitiño: $16,371.66
- Todo Nada: $15,807.12
- Facéndome o sueco: $11,290.80
- Artipractor: $3,951.78
- VSQN: $3,387.24
- As túas balas: $0.00
- Barón Rojo: $0.00
- Derd'eiquí: $0.00
- Dorvisou: $0.00
- Haicu: $0.00
- Orballo: $0.00

O blogue de Fernán-Vello... non ten prezo

Teimas píticas (Cadeas)

Transmítenme desde as neves suecas (os meus dedos escribiron suevas, foi erro de teclado ou algún tipo de inconsciente colectivo?) un xogo dos que están na moda: contarlles 5 teimas píticas e nomear 5 blogues para que repitan o xogo. Adiántolles que, educado na mellor Escola Galiñácea de Chicago, sinto reparos en coartar a liberdade do mercado de ninguén, así que non darei avisos particulares nos blogues e non me parece mal que pasen de min, xa que eu tampouco gosto das cadeas.

1. Usar a Coca-Cola como medicamento placebo.

2. As películas ou series de televisión en DVD teñen que verse en versión orixinal subtitulada.

3. O mundo ten que estar en orde, e para iso axuda moito catalogar selos, moedas, películas,... e andar retirando as faragullas e os pelos dos xerseis propios e alleos.

4. Entrar na casa e poñer un pantalón de chándal, con calcetíns que non sexan brancos.

5. Lavar os dentes sempre que sexa posible, e regalo cunha copa de fluor.


Os blogues nominados son: A tensa calma (admítese 2'5 + 2'5); Haicu (se hai huevos para facelo en forma de haiku!); O ollo da vaca (aínda que pode dicir algo tamén o seu hqtosr);O Barón Rojo (con ou sen vídeo, con ou sen foto); Píntega (sempre que non se meta cos oprimebolseiros;-).

Liña temporal de deprimencias


O mércores á noite, como case sempre que volvo de ver unha película, agarrei un manual de exercicios de bicicleta estática e escribín un post. O xoves á mañá, visto o acontecido, decidín non poñelo. Pero agora que teño unha insofrible dor de gorxa, que me sinto canso, que estou estresado, que non consigo traballar, que a miña vida amorosa vai de fracaso en fracaso, neste día que en principio debera ser de ledicia para moita xente, collo o papel e tecleo:

Non se pode vivir feliz cando sabes que se unha droga che permitise viaxar no tempo, seguro que estás descontento coa túa vida dentro de 10 anos... se é que a tés. Aínda que racionalmente soubeses cando chegou o tempo de deixar de sufrir, non podes, non podes, non podes, non podes. Espertar sen ilusión.

24.1.06

Afotos

No blogue do Sr. Acedre aparece un xoguetiño interesante, un recoñecedor facial. Por chiste, mando unha foto miña... e dime que non atopa cara ningunha (malditos humanos que se cren o centro do universo!). Póñolle unha afoto do humano que me dá millo de cando en vez e di que se parece a John Cusack... Non me convence, así que envíolle unha do humano que me dá millo hai uns cantos anos e responde que ten un aire a David Howell Evans. E non me dou por vencido, así que mándolle unha foto de cando ese humano tiña dous anos... e a resposta é sinxela: Leonardo di Caprio.

Seguirei buscando unha onde se pareza a Tim Robbins.

Piadas

Este luns achégome a piar coa pícara de Allegue e co Artipractor, nunha desas moi contadas ocasións en que me dá por practicar o outing. Na rúa nótase que se achega a Festa – e seguro que cando chegue o momento, aínda que non crea nesa relixión, daranme voltas as plumiñas pensando no meu presente actual [valga la redundancia], mentres ollo pola fiestra e admiro o xeito da xente fumando no edificio de enfronte.



Imos facendo circuíto barístico, para escoitar ó redor xente que fala do seu equipo do PcFútbol, dos xogadores que ten que comprar e vender, para que eu me lembre dos meus tempos de pito novo, e de como co Cacereño conseguía conquistar todos os trofeos de Europa (e a Intercontinental!).


















Falamos de todo un pouco, desde a fermosa imaxe poética das dúas facetas do Artipractor ata a difícil e perigosa arte humana de comer as uñas das mans, deténdonos no metabloguismo (os posts escritos antes en papel, a función do blogue,...cántas palabras que gostaría de escoitar dos seus labios) e no blogo-millo... e pensar que xa fixen os sete meses, e estamos coma no principio de todo.

Servizo de avisos: Pecarei de pensamento contigo (e se queres que cho diga de forma aínda máis cursi, abre a Biblia que non subliñaches entre o Eclesiastés e o Libro da Sabedoría)

Sapos

A semana pasada - a pesar de ter que visitar o veterinario dos dentes e todos os seus trebellos que tan nervioso me poñen nunha consulta que ferve de calor – pásoo realmente en grande. Se é agradable saber que vas pasar uns días con alguén que che cae ben, o goce é ben maior cando constatas que con esa persoa aínda conectas mellor cara a cara.


O xoves á noite vén C., cun séquito de persoas realmente interesantes e cheas de historias amenas: o profesor J.P., que anelaba linces con D., un xigantesco bretón que se enfronta a xabaríns pola comida da tribo, xeógrafos ós que se lles escaralla o satélite, todos xogando a cagarse na lei de Murphy. Pero sobre todo, co pasar das horas, vaime ensinando un mundo novo: a súa sorprendente vida e o cálido sentimento familiar e de compenetración do grupo. Mentres nas Crechas nos miran, aprendo cousas.

O domingo fago de guía do meu propio galiñeiro e percorremos Humidtown da Alameda a Bonaval, con paxariños e sepulturas de cor branca, algunha vez con furtivos corazóns vermellos pintados. Prefiren unha comida enxebre, con aínda máis pulpo, así que opto polo patriotismo culinario, e despois re-visitar Frida, unha inxección de moral para os tempos duros que veñen.



O mellor chega pechando a tarde, xa que rematamos por subir ós tellados da Catedral, que non coñecía – total, vivo ó lado, podo ir en calquera momento – e fixéronme notar a imaxe do solpor preto da Ferradura mentres a guía T. nos ía contando todas as cousas que non imaxinaramos.

O deshumidificador seca a roupa posta dentro da casa. Agora xa teño un motivo máis para desexar que [che] chova, C.

19.1.06

Sección atormentados

[Blogspot non permite categorías (ou eu non sei como facelo), así que categorizo co título, que hoxe espertei vampiro amante da orde]

Hoxe, ó entrar na porta da miña casa á 1:30 da madrugada, veume á cabeza unha frase que oín non hai moito, pode que na Ala Oeste da Casa Blanca. Ás veces, cando Deus quere castigarnos, concédenos o que pedimos.

---------------------

Leváronme a ver un filme, como parte da sempiterna cita dos mércores. Para o meu asombro, a película escollida polo meu amigo, precisamente hoxe, narraba (agás o final, que o meu é por definición aberto: sempre pode ser peor) perfectamente en que consistiu a miña vida o último ano: frechazos, parellas que se rompen, parellas que non se rompen e non son felices, infidelidades, persoas que loitan por volver á súa inercia e acaban voltando ó que realmente queren, persoas que en aparencia acaban atopando algo co que sentirse a gusto... Mentres camiño –só– para a cama, xogo a non saber qué facer antes, se chorar ou pechar os ollos.

[posdata carnal: se chegaron aquí e aguantaron os meus tormentos, o premio son as afotos das protas]

18.1.06

Frida

Hoxe xanto (coma un animal!) con i.a. e mais po., para poder conspirar, saber do que se coce por aí, e ser afumado nalgún nos múltiples garitos que resisten, e sempre resistirán, o invasor. Que che quede claro que mentres siga agachando a cabeza cando me miras, nunca terás a foto do meu irmán, que agora leva gafas.

Despois da xantanza, acudo a ver a exposición da pintora mexicana Frida Kahlo, por se me contaban algo - mitómano - do seu lío con Trotski. Ás catro da tarde é doada de ver, sempre que fuxa un dos cachorros humanos que a visitan (maldita pedagoxía que opta por sacar de paseo os rapaces en lugar de pechalos no galiñeiro!!). Como non pode ser doutro modo, hai un cadro que lles recomendo, e vai con historia:

El Pollito (1945). Este es uno más de los cuadros que obedecen a la cotidianidad en la que vivía Frida: un pollito que había tomado bajo su protección poco después de nacido, debido a que la gallina que lo había procreado murió. Diego se lo había entregado en una pequeña caja de cartón, como un regalo y al mismo tiempo como una distracción; Frida lo mantenía cerca de su cama sobre una mesa debajo de una lámpara, con la idea de que el calor de ésta podría ayudarle a vivir, sin embargo pocos días después el pequeño animal murió; este hecho impacto a Frida, quien comentó a una de sus amigas que no era capaz de mantener con vida a un pollito. En el cuadro se observa al animal, aún con vida, en un nido cuyo centro lo ocupa un florero que poco a poco irá muriendo, las orugas, arañas y la mantis sagrada se encargarán de ello; este es uno más de los cuadros en donde la dualidad vida-muerte se hace presente.

Vese que era o gusto familiar, porque tamén Diego Rivera pintara un meu conxénere, neste caso o Niño con pollito (1935). Aí lles queda, para que logo haxa quen dubide de que eu sexa un obxecto de arte:


17.1.06

Bicicleta

Prometíamas eu moi feliz co meu capricho:


Sen embargo, cometín un erro crucial ó comprar: non o fixen en tendas virtuais para pitos, senón que me despistei e comprei nunha para humanos, co desastroso resultado que poden ver a continuación, como fago para darlle ós pedais???... Coidado co que compran por Internet!!!:

Rinoceronte

Estaba eu o venres tan tranquilo no meu galiñeiro piando en cousas inútiles cando recibín unha chamada amiga incitándome a ir ó Cortello a unha presentación. A pesar de que horas antes decidira que non ía ir á puesta de largo de Rinoceronte Editora, felizmente decido ser menos asocial e ceder ós cantos de serea, para gozar de dúas preciosas pezas para viola e ver os comezos da primeira editorial galega especializada na tradución de obras literarias ao galego, un proxecto que me parece xenial (e como me dicían, qué mellor cós nomes míticos de Penélope e Moisés para encabezalo). Beizón!


No restaurante do Hostal colocáronnos en posición estratéxica para que o camareiro con caldo de verduras tolease cada vez que tiña que pasar entre tanta xente. Tampouco me pareceu que fose un millo tan rico, pero total, estaba pago, así que metín no bucho e aforrei unha cea, que non estou eu moi boiante cos caprichos que imaxino... E logo fumos de cañas por aí, para regar un pouco as penas [nótese o xogo de palabras, eh, que son un pito intelectual!]. Voulles durmir, cantándome a friki-nana que me aprenderon hoxe:

Alarcos se cayó del Cielo
Chomsky le mandó callar
Saussure se fue al infierno
con su rollo estructural.

12.1.06

Fricada







Alá, non escribo, pero non os esquezo: aquí lles queda unha curiosidade, futuro membro da sección de Galiñeiros Peculiares, Beautiful Agony... que o gocen, nunca mellor dito... e aí queda a idea por se en Vieiros queren engadir unha sección nova.

10.1.06

Afoto

Pois ó final tiven que pasar polo galiñeiro, así que collín o lector para a foto e aquí llela deixo (poño llela para que o poetalingüista estea orgulloso de min). Escámame que a pesa non me recoñeza e se apague, coma se non tivese nada enriba... este estrés déixame nas plumas!!!


Nota de caderno de campo: mentres ía para o galiñeiro, había un mozo ben postiño que berraba polo mancontro: qué pasada, tía, acaban de hacerme el peeling y me pusieron la hidratante. Tengo la cara como el culo de un bebé.

Canción con dedicatoria:

Max: Estás Hecho Una Pena

EL idiota de Mel Gibson
Te ha prestado su cara
Da las gracias que no ha
sido Micky Rourke o Alfredo Landa
Más octanos, más octanos para
alimentar el turbo
Te persiguen por el páramo
Los amigos de Hummungus
Y mírate Max,
estás hecho una pena Max, estás hecho una pena
Rockatansky, a tu mujer la mató Babá Zanetti
Ahora añoras a tu señora
Y lo bien que hacía los espaguetti
Te acuerdas, Max, te acuerdas
De la lencería femenina
¿Qué es lo que haces ahora aquí
buscando gasolina? y
mírate Max, estás hecho una pena Max,
estás hecho una pena La
gasofa dónde está
Dónde está la gasolina
Si tuvieras combustible
cuantas millas andarías.
Comes latas para perros que, ñam! ñam!,
están muy buenas
Esta noche hay masacre Y mañana adiós muy buenas
Y mírate Max, estás hecho una pena Max,
estás hecho una pena.

Non morrín

Pois respondendo a algunhas dúbidas, aclaro que non me afectou o exceso de turrón de chocolate (e iso que esta vez había novas variedades, ñam, ñam) nin teño nada que ver coa gripe aviaria de Turquía (nunca fixen o de baño turco en el Mar Muerto, e non será por falta de ganas).

Estou metido en mil historias, e por iso tardo en asomar a patiña por este galiñeiro. Ultimamente dedícome a preparar unhas clases que teño que dar, a estar pendente dos nosos Xefazos, a conceder entrevistas, a recoller o galiñeiro, a ler artigos inspirados, ...

Teño tanto estrés enriba que incluso comprei unha báscula a ver cantas plumas perdo. Fixen unha foto e trouxen a cámara, pero non o lector de tarxetas, a ver se a poño mañá...

6.1.06

Regalo de Reis

Os Reis deixáronlles cousas no meu galiñeiro. Modest Mussorgski compuxo a famosa suite Cadros dunha exposición, inspirada na exposición póstuma (1874) do seu amigo, o arquitecto e artista Víctor Harmann.

O quinto movemento titúlase Ballet des poussins dans leurs coques e foi composto a imitación dun deseño en tinta chinesa de dous pitos trouleiros, feito por Harmann para o ballet Trilbi.


É pavero, porque logo, a artista Moje Menhardt recuperou isto e sobre a súa obra, Michael Hennig compuxo Música para unha exposición. En concreto, o cadro pítico que nos ofrece é o seguinte:



Os máis atrevidos poden tentar asubiar a música de Mussorgski baseándose na partitura ou axudándose dun fragmento do ficheiro .midi:

E afinal, para os impacientes que queren todo o traballo feito, os Reis Magos deixaron un chisco de música. Aprovéiteno todo, que foron bos. Peteiriños.

5.1.06

Agardando polos Reis

Todos os anos, o Borbón dános un discursiño en Noiteboa; postos a elixir parasitas monárquicas, este pito prefire os Reis Magos, que tamén traballan só unha noite ó ano e nos custan máis ou menos o mesmo, pero que cando menos deixan un rico turrón de (a)zucre.

O conto é que estou apático agardando a ver o que traen e só saio do letargo en contadas ocasións benéficas. Así, póñome a clasificar o email e fíxome no que me conta o correo lixo, que outras veces xa borro directamente. Aquí vai unha selección do de hoxe:

+ Luxury Watches. Buy your own Rolex for only $ 179

O carallo é que a min seguíame parecendo caríiiiiiiiisimo ese prezo... ata que fun ver o que custaba un Rolex orixinal. Caéronme todas as plumas do susto.

+ -Sensattional revolution in meedicine! -E-nlarge your p-enis up to 10 cm or up to 4 inches!-It's herbal solution what hasn't side effect, but has 100% guaranteed results!

Sen comentarios. Príapo ó meu lado vai ser de risa, se temos en conta que mido 6 cm de costas a barriga...

+ If you have always dreamed of being called a sex machine, Do you want Erectile Dysfunction to die forever in your life? Try Soft Cialis Tabs. She thinks you are perfect and a wonderful choice for her. But all this time you have been hiding the problems with your erections.
You tried to postpone sex as long as possible. But there is no way to hide the truth anymore.
Soft Viagra tabs will make your life easier. Get them before she finds out the truth.
For your wife’s last b-day you gave her a vibrator because of your hopeless Erectile Dysfunction. By taking our new Soft Cialis Tabs you are bound to give her the best sex ever instead of miserable “battery dick”. You think you need a crane to lift your dick?
Soft Cialis Tabs is a better way to do it.

Gústame o de "battery dick", espero que o Termigal tome nota; non sei qué pensarán os fabricantes de vibradores.

+ Fucking a man with a small dick is like fucking a rabbit. Advanced Gain Pro can change your “rabbit dick” to an “elephant dick”. Advanced G@in Pro can enlarge y0ur dick so much that you won’t be scared of ruler anymore.

Se di como pexorativo o de foder cun coello, case mellor nin lles insinuo que están mandando este email a un pito...

+ Once you start taking our Advanced Gain Pro Penis Enlargement Pills you will see the results in the first few weeks. Do you know why Katherine the Great liked to fuck with her horse? Right, because of the size of his dick. If you had taken Advanced Gain Pro at that time, you could have been her lover too.

Que Catalina a Grande facía qué?????????

+ Professional Education Russia is a russia-based company offering educational services for students from US and Australia in Russia. We are extending our business but unfortunately, we are facing new difficulties regarding taxes. The international money transfer tax for legal entities (businesses) in Russia is 25%, whereas for the individual, it is 2%. That's why our company is looking forward to hiring several persons to receive payments for and from our clinets and to resend the money to us. This way we will save clients money (as most of our clients are individuals paying for their childrens study in Russia) due to the tax decrease.

Para que vexa Marisol un método rápido de enxeñería financieira para mellorar as condicións dos lectores...

+ Rea1 testimoni@ls: "I was 0rig1nally amazed that the first two pills I took of Hoodia 920+, almost immediately took my cravings away. Now 4 weeks later, 3 belt holes later, I have become an advocate for this awesomely powerful, natural supplement!"

Linda C., Bellevue WA

"I tried Hoodia 920+ after visiting your website, and I lost a few pounds without doing anything else. I was so amazed I decided to start exercising and getting outside more and I even starting eating better. Now I don't even look like the same man. Friends I haven't seen for more than a year don't even recognize me. The change is that dramatic! Thank you …. Hoodia 920+ really works!"

Mmmmm, xa poderei comer todos os bombóns do post anterior sen me sentir culpable!!!

2.1.06

Deséxolles un doce 2006