<

29.11.05

Camas vacías

Ni tú bordas pañuelos ni yo rompo contratos,
ni yo mato por celos ni tú mueres por mí,
antes de que me quieras como se quiere a un gato
me largo con cualquiera que se parezca a tí.

De par en par te abro las puertas que me cierras,
me cuentan que el olvido no te sienta tan mal,
la paz que has elegido es peor que mi guerra,
aquella cama nido parece un hospital.

Yo, en cambio, no he sabido ir a favor del viento
que muerde las esquinas de esta ciudad impía,
pobre aprendiz de brujo que escupe al firmamento
desde un hotel de lujo con dos camas vacías.














¿Quién hará mi trabajo debajo de tu falda?,
la boca que era mía ¿de qué boca será?,
el roto de tu ombligo ya no me da la espalda
cuando pierdo contigo lo que gano al billar.

Aunque nunca me callo, guardo un par de secretos,
lo digo de hombre a hombre, de mujer a mujer.
Ni me caso con nadie, ni guardo pa´ mis nietos,
por no tener no tengo, ni edad de merecer.

Como pago al contado nunca me falta un beso,
siempre que me confieso me doy la absolución,
ya no cierro los bares ni hago tantos excesos,
cada vez son más tristes las canciones de amor.

28.11.05

Vida Social Galiñega

Asisto "en diferido" a unha asemblea e dígoo ben claro: que non me quiten a etiqueta!!

27.11.05

Topica Hesperica


Hoxe este pito durmiu como había ben tempo que non o facía. Dáme mágoa non lembrar demasiado do meu soño, porque creo que foi ben pavero, coma unha versión da The West Wing, pero en versión pequeno-imperial. Estaba moi canso do día de onte. Pola mañá, a definición de agridoce. Pola tarde, fuga veloz (con esquecemento de lentes e de móbil sucesivamente) para ver a barroca e cruenta pilícula do galés Peter Greenaway [hoxe descubro que ten algo relacionado con Dante] e máis tarde, sempre no xélido Salón Teatro, volver ver a miña querida Pat Garrett e Billy o Neno, creo que con algunhas secuencias restauradas, só creo. Pola noite, escribirche un email e desexar que te aclares.

A pouca mañá que me quedou, despois de erguerme e ir comprar o xornal, dediqueina a pasar a limpo algunhas ideas para o marrón que me endosaron o mércores. Constato que non me queda nada de enxeño e que simplemente vou tirar para adiante. A música que teño de fondo, sen embargo, si que me fai vir algunhas ideas para o futuro: contrastar as cancións Viva L'Italia (do máxico De Gregori) e a Máter España (Sabina), que non cita nin o aragonés nin o asturleonés nin o aranés; confrontar tamén Desolation Row (Dylan, o mesmo que aparecía na película de onte, para sorpresa de moitos no público) e Via della Povertà (dun curioso Fabrizio De André, tamén xenovés).

Esta tarde, mentres agardo que cheguen desde o Norte, non me apetece facer nada útil para a humanidade. Continúo navegando para atopar galiñeiros que ligar e revivo os meus proxectos de páxinas web, non para esta personalidade, senón para a outra.

25.11.05

E aínda non sei onde botar as cascas

Unha frase moi lúcida de Kirkegaard, que lle souben por terceiros dicía que só hai dúas alternativas, ou Cristo resucitou no terceiro día ou non resucitou. Se é certo que resucitou, iso foi o máis grande que acontecerá nunca e temos que abandonalo todo para vivir en consecuencia.

Sendo un pito de paradoxos, é xusto despois do post de onte cando escribo isto.

24.11.05

Cada vez hai menos castañas no cucurucho dun euro

Hoxe estaba pensando en como mudaron as cousas. Houbo uns intres en que estas páxinas eran totalmente anónimas. Logo soubeches ti quen era o humano que me daba de comer e máis tarde apareceches ti, perpetua blogueira. Máis tarde, as listas de iniciados ampliáronse, poucas veces porque eu o dixese e as máis delas sen sabelo eu, coma unhas pingaradas poallentas que xa non sei ata onde chegan.

Ás veces síntome como se tivese moitos señores reprobadores con gafas ollando para min e axustando a vida do pitiño coa do humano - incluso fantaseo con me mudar para un galiñeiro novo, onde ninguén me coñeza - pero avísovos de que vou facer coma se non existísedes, pantasmas.


E celebrarei esta ousadía indo a casa a masturbarme moi lentamente.

23.11.05

Nus

Ultimamente paréceme ver xente espida por todas partes...

Inercia

Escribo un pouco por inercia, aínda que recoñezo que Panchez acaba de me facer vir un sorriso á boca. Non son horas, sobre todo tendo en conta que onte estiven enredando ata as once e pico da noite e que sinto os días esvarar entre a (agora bastante desaparecida) psoriase da miña pel, baixo as plumas; se aínda me levasen ó cine, ou algo así...



Entre as notas de rutina. Reinstalei o antivirus. Esbardallei un pouco con Cesare e os seus hábitos ciclistas (nota á marxe, desas historias que veñen á cabeza e hai que deixar saír para que non xoguen cos neuronios: houbo semanas en que miraba/vía Manolo Martínez por todas partes. Hai semana e pico pasoume con Cesare; mentres vía/miraba as fotos da manifa do NuncaMáis que fixera coa miña cámara, zas, alí estaba el, discretamente de amarelo, e non reparara nel en absoluto cando fixera a foto). Existe xente moi viaxeira; parece ser que o rectángulo baleiro en Europa é Polonia, xa non contan desde a morte do Papa. Verificado: Suíza, é Suíza; dixérame a Galiña interesada que non era, pero hoxe decatouse de que non viaxou alí.



Volvo navegar entre follas vellas; mellor continuar que comezar co verbo fluído dalgúns.

21.11.05

Pito cairo

Calquera día decido, ó bestia, converterme en pito cairo.


Datos

Primeira constatación

Estou de mala hostia. Multifactorial: cousas miñas, cousas túas, cousas de ambos. Para enxugala, como Ferrero-Rocher, coma se estivese nos anuncios da Preysler. Na radio estou oíndo que o PP presentou unha enmenda de devolución dos orzamentos, porque din que son sectarios.

Segunda constatación

Mentres volvía do supermercado, crucei con Henrique Monteagudo; cun señor (que non era Henrique Monteagudo) que estaba sincronizando a posición dos calzóns e dos seus collóns dunha maneira claramente esaxerada; con dous rapaces que falaban entre si, un dicía entonces la dije que...; cunha tapa da rede de sumidoiros que dicía Ayuntamiento de Vigo; cun señor que lle comentaba a outro no semáforo que non se pode ser anarquista, porque te prenden.

Terceira constatación

A caixeira do supermercado chamábase Silvia. Gastei: 1’68 € (300g de cenoiras raiadas), 2’55 € (rabo de salmón que hei comer dentro dun pouco), 1’75 € (3 mini queixos frescos), 1’53 € (catro iogurtes, sabor stracciatella, para comer de sobremesa), 4’41 € (tres pares de luvas, de nitrilo, que seica son mellores para a miña delicada pel), 3’45 € (aceite de oliva, sabor intenso), 0’74 € (catro iogurtes de fresa, para tomar no almorzo), 1’44 € (tres paquetes de 33 cl de zume e leite mesturados), 2’55 € (tres caixas de mistos extralongos, para non queimarme ó acender lume), 0’95 € (dúas lámpadas de 60 vatios, aínda que estiven pensando en comprar unha desas económicas), 17’90 € (un cortapelos deses, para o que ti xa sabes). Total: 38’95 € / 6481 pesetas.

Polo meu frustrante traballo de hoxe pagaranme 35’76 €, o que me deixa un déficit de 3’19 euros.

Cuarta constatación

Na segunda epístola ós Corintios, cap. 12, Paulo afirma: si gloriari oportet non expedit quidem veniam autem ad visiones et revelationes Domini scio hominem in Christo ante annos quattuordecim sive in corpore nescio sive extra corpus nescio Deus scit raptum eiusmodi usque ad tertium caelum et scio huiusmodi hominem sive in corpore sive extra corpus nescio Deus scit quoniam raptus est in paradisum et audivit arcana verba quae non licet homini loqui.

19.11.05

Galiñeiro do Sur

Ó final, creo que xa adquirín unha certa capacidade de improvisación e non vou ó Magosto, senón que me encamiño ó Galiñeiro do Sur, con algo de retraso na Compañía Liquidadora do Ferrocarril, para constatar que do mandarino xa colgan algunhas idem, pero dáme a min que demasiado verdes; hei mandar unha comisión examinadora a cerciorarse.

A ver se convirto esta fin de semana nunha cuchipanda informática: incluir nas ligazóns novos e vellos blogues; poñelos en orde alfabética, porque claro, encántame que o universo estea en orde; comprar algún dominio web para o meu humano e andar fedellando nas opcións; contestar emails atrasados e reordenar os que xa teño no ordenador,... Nada, o que hai tempo se dicía poñendo a casa en orde.

En modo express, a. contoume que antonte soñara que estaba canda el, facendo un simulacro do exame do M.I.R. e ademais saíme moito mellor que a el. Dá que pensar, retrotraerse ós tempos en que un tivo que decidir que non ía ser médico, nin físico, nin químico; pensar en todas as diferenzas vitais, a xente que deixaría de coñecer, a xente que deixei de coñecer, xogar cos camiños da miña vida coma se fosen liñas dos diagramas de Feynman.



Sabía que tiña que dicirlles algo... Ah, si, manifestar o meu enfado contra a pouca consideración que se lle ten ó oficio de tradutor. Estes días prestáronme unha serie, que estou vendo ós poucos, e que a verdade está moi ben, gústame e ten xeito. Como ás veces falan a velocidade endiañada e con argot bastante incomprensible, estouna vendo con subtítulos en español. Cada capítulo parece traducido por unha persoa distinta e as grallas acadan niveis de chapuza: non me puiden crer que lles dese por traducir Chief of Staff (Xefe de Persoal) por Xefe de Estado Maior, cando precisamente falamos dunha serie ambientada na Casa Blanca, pero o que xa me pareceu intolerable foi que caesen no tradicional falso amigo coroner (forense) - coronel. Vamos, que só lles falta montar nun tren guiado por un enxeñeiro...

15.11.05

In morte

Cantaba Francesco Guccini a canción In morte di S.F., despois Canzone per un’amica, coa que case sempre abre os seus concertos.

Lunga e diritta correva la strada,
l'auto veloce correva
la dolce estate era già cominciata
vicino lui sorrideva,
vicino lui sorrideva...

Forte la mano teneva il volante,
forte il motore cantava,
non lo sapevi che c'era la morte
quel giorno che ti aspettava,
quel giorno che ti aspettava...

Non lo sapevi che c'era la morte,
quando si è giovani è strano
poter pensare che la nostra sorte
venga e ci prenda per mano,
venga e ci prenda per mano...

Non lo sapevi, ma cosa hai sentito
quando la strada è impazzita,
quando la macchina è uscita di lato
e sopra un'altra è finita,
e sopra un'altra è finita...

Non lo sapevi, ma cosa hai pensato
quando lo schianto ti ha uccisa,
quando anche il cielo di sopra è crollato,
quando la vita è fuggita,
quando la vita è fuggita...

Dopo il silenzio soltanto è regnato
tra le lamiere contorte:
sull'autostrada cercavi la vita,
ma ti ha incontrato la morte,
ma ti ha incontrato la morte...

Vorrei sapere a che cosa è servito
vivere, amare, soffrire,
spendere tutti i tuoi giorni passati
se così presto hai dovuto partire,
se presto hai dovuto partire...

Voglio però ricordarti com'eri,
pensare che ancora vivi,
voglio pensare che ancora mi ascolti
e che come allora sorridi
e che come allora sorridi...

Que a terra che sexa leve.

Adición




Adición: Cando volvía do supermercado de comprar as miñas sacas de penso, atopei cunha coleguita, que me deixou sen palabras cando me contou que estaba estudando algo así como Ciencias da Educación Relixiosa, que vén sendo coma unha man algo cargada de verniz para poder adoutrinar os nenos en parvadas, cos cartos do Estado. Entrando algo máis no tema, eu sostendo as miñas sacas e ela termando dunha caixa de plástico onde gardaba varias reliquias de anos pasados, contoume dun exorcismo feito nunha parroquia dos arredores de Santiago. A estrela invitada, un exorcista vindo expresamente de Roma; colaborador especial, o Sr. Cura Párroco; debutando, un profesor que sabe moito de Fenomenoloxía, pero pouca práctica de campo. Sóubose que houbo posesión demoníaca non porque a posuída falase arameo ou chinés, senón porque a rapaza estivo horas e horas cuspindo de dentro do corpo unha cantidade enorme tabaco de mascar. Se ata os nosos demos tiñan que ser rariños.

14.11.05

Cabreado e manifa

O sábado comeza mal, moi mal. Estou lendo na Coz un artigo sobre blogues e non hai nin unha soa mención a min!! E digo eu, tanta teima que lles entra a vostedes co sistema literario galego e para un feito diferenciador que hai... porque, cantos blogues de pitos coñecen vostedes polo mundo adiante???


Na tarde, convalecente aínda da vaga de gripe aviaria, decido volver a algo que había moooooito tempo que non tocaba, xa que naquel momento non me apetecía dedicarme ó meu outro pasatempo informático tolerado. Pola noite, a cousa foi máis entretida, analizando un documental, con moito de documental e pouco de sexo, mecachis. Houbo algunha felación, pero témome que ós pitos non se nos aplica, vaia antropocentrismo... Está interesante ver a moral corrupta e enferma dalgunha xente detestable.

O domingo toca manifa, a primeira nos meus seis meses de pito. A cañeira po lévame de paseo e incluso me sostén en alto para que poida ver mellor o panorama, politicamente moi significativo. Incluso coñezo unha cadela e gozo co insubstituíble tempo santiagués.




















Con todo, o máis importante vén despois, co hábito gallego das tapiñas nos bares, mmmm, rico, rico, aínda que non lle viña mal algo menos de cebola...
















Despois ven o verdadeiro perigo, pois alá camiñamos po e mais eu (tikitikitikitiki) cara á súa casa, onde me agardaba un dos meus predadores naturais, cunha mestura de desexo e de curiosidade. O intelectualmente excitante vén despois, aprendendo a xogar ó tute (ou a unha versión adaptada do mesmo, xa saben que as normas proliferan, aínda máis se non hai unha Academia), descubrindo que un non ten xeito para estes xogos de cartas. Ser intelectual para isto.

11.11.05

Haba tempo que non e

Había tempo que non escribía un post saíndo do cinema. Embora algún androide de protocolo pense que só foi unha clase de Literatura Románica Medieval, Victoria Cirlot di cousas interesantes ante toda a intelectualidade galáctica, incluíndo que Lancelot é o paradigma da vida como sacrificio.




A película destrózame e activa os neurones de remoer. Mentres camiño entre vagas de borrachos patéticos, só me queda a imaxe de que estás con outra persoa na cama. Desexo de corazón que mañá me ataque con forza o gripe para non ter que moverme, sorrir, mostrar felicidade. Poder quedar pechado e compracido no goce da propia miseria e incluso volver chorar por ti, debuxando soles.

9.11.05

Promociono


Na miña cruzada de hoxe polas palabras pro-, non podía deixar de sinalar esta estupenda idea. Beizóns a Berto e María Yáñez.

Profilaxe

Pídenme desde o Ministerio Galiñáceo da Saúde que transmita unha serie de consellos sobre a gripe aviaria publicados pola revista especializada El Jueves, que publica ademais esta semana un amplo dossier sobre o tema.

Os humanos con interese en aprofundar nesta cuestión poden consultar a páxina de Nature.

8.11.05

Días Estraños

Hoxe si que podemos falar de días estraños. Comecei o día cunha pequena discusión con Evita, non porque eu estivese a aprender do seu país, senón por falta de comunicación e seguramente por pago do estrés que acumula cada un de nós, polas causas máis variadas. Pediume o meu número de conta bancaria e deillo; o seu xa o tiña desde hai ben tempo. Entre discusión e discusión de gramática histórica (aproveito para notificar que a cuestión segue complicándose, os interesados poden consultar as Notas críticas de H. Meier e verán que hai tema para palicar entre cucurucho e cucurucho de castañas), vou visitar o reformado ex-Champion e verifico con agradable sorpresa que case todos os carteis están en galego, agás o que dá noticia do ascensor; máis tarde, X. aclárame que é porque os varudos gallegos non precisan desas cousas.


É día tamén de noticias médicas. Quedo de pedra cando oio que o filliño de alguén a quen aprezo está moi enfermo; cando volvo a casa, a filla dos meus caseiros cóntame que o seu pai segue mal, sufrindo as consecuencias do postoperatorio e co peso de 9 intervencións cirúrxicas sobre o corpo. Queda ben pequeno en comparación o meu agromar psoriático, que está case en vías de extinción, ata quen sabe cando.

Na casa, pequenas traxedias domésticas. Confío en Meteogalicia e os resultados son decepcionantes: a roupa que puxera a secar ó mediodía está pingando e a bombilla do salón despídese do mundo sen case darme tempo a desexarlle boa viaxe cara ó ceo das bombillas.

















A tarde-noite pecha falando da blogosfera, aínda resoan os ecos da famosa mesa redonda á que non asistín, pero da que pedín que me pasasen os apuntamentos. Antes, unha compañeira de traballo preguntoume se tiña un blog. Agora, H. pregúntame polos blogs que leo habitualmente e incluso se coñezo o autor do que leo case todas as mañás. A primeira e a terceira preguntas teñen resposta negativa, non necesariamente verdadeira, pero dáme pé a que reflexione para min sobre a cuestión da identidade, a construción da personaxe e o anonimato en país de cotillas.

Gardo o post no lapis e vou comer cenouras.

5.11.05

Suicide is painless

Non, aforren a chamada ó psicólogo-veterinario; desta vez non ataca de novo a miña alma de pito atormentado (pero tampouco deixen o móbil moi lonxe, xa saben, lévoo no sangue e o mundo axuda). O título vai polo tema musical de M*A*S*H*, unha película convertida en serie. Esta tarde vin dunha tacada cinco dos episodios de vinte minutos; sabe a pouco tal sucesión de irreverencia, ataques a Deus e ó Exército... en xeral, moito diso que quedou alcuñado coma humor intelixente. Unha das lembranzas que teño da miña época de pito pequeno é ver eses helicópteros na televisión...


Son as tantas da noite, momento en que estou canso, de non facer nada útil ó longo do día: contestar emails atrasados, ser preguiceiro para ir cortar o pelo e pouco máis. Non, tampouco fun ver o Borbón, que anda polas vecindades, coa arraia miuda feliz, axitando bandeiriñas españolas

4.11.05

Aggiornarsi

Agora que xa lles dei/din un tempo prudencial para ler das miñas viaxes sen que me poidan acusar de logólatra, volvo á carga, aínda que de modo breve, porque teño que ir comer o meu millo. Levo uns días do máis lioso, enfrontándome con personaxes de toda calaña que queren pór a proba a miña paciencia. Por veces consígueno, e quedo a traballar fóra de horas, con dor de cabeza, en lugar de tomar unhas cañas coa xente a quen aprezo, e acostarme ás 11:30 para madrugar para unha reunión inútil. Cando todo parece perdido, os correos-lixo, ós que son moi afeccionado coa profilaxe oportuna fanme vir un sorriso, ou dous. Desta vez chégame un mini-mail misterioso dun tal Patrick:

jaimerais avoir des sentiments en espagnol en forme de liste dans 1 min comme par exemple estar enamorado et avec la traduction francaise cela serait possible?

E que carallo lle digo?