29.9.05
28.9.05
siempre en estado de espera.
Bebe a la noche ginebra
para encontrarse con ella.
Sueña con su calavera
y viene un perro y se la lleva,
y aleja las pesadillas
dejando en un agujero
unas flores amarillas
pa' acordarse de su pelo.
Sueña que sueña con ella
y si en el infierno le espera...
Quiero fundirme en tu fuego
como si fuese de cera.
Antes de hacer la maleta
y pasar la vida entre andenes,
deja entrar a los ratones
para tener quien le espere.
Sueña con su melena
y viene el viento y se la lleva,
y desde entonces su cabeza
sólo quiere alzar el vuelo,
y bebe rubia la cerveza
pa' acordarse de su pelo.
Sueña que sueña la estrella
siempre en estado de espera;
vuelve a coger la botella
y pasa las noches en vela,
...siempre en estado de espera.
---------------------------------
Si no fuera porque hice colocado
el camino de tu espera
me habría desconectado;
condenado
a mirarte desde fuera
y dejar que te tocara el sol.
Y si fuera
mi vida una escalera
me la he pasado entera
buscando el siguiente escalón,
convencido
que estás en el tejado
esperando a ver si llego yo.
Y dejar de lado la vereda de la puerta de atrás
por donde te vi marchar
como una regadera que la hierba hace que vuelva a brotar
y ahora es todo campo ya.
Sus soldados
son flores de madera
y mi ejército no tiene
bandera, es sólo un corazón
condenado
a vivir entre maleza
sembrando flores de algodón.
Si me espera
la muerte traicionera
y antes de repartirme
del todo, me veo en un cajón,
que me entierren
con la picha por fuera
pa que se la coma un ratón.
Y muere a todas horas gente dentro de mi televisor ;
quiero oír alguna canción
que no hable de sandeces y que diga que no sobra el amor
y que empiece en sí y no en no.
Y dejar de lado la vereda de la puerta de atrás
por donde te vi marchar
como una regadera que la hierba hace que vuelva a brotar
y ahora es todo campo ya.
Dices que a veces no comprendes qué dice mi voz .
-¿Cómo quieres que esté dentro de tu ombligo?-
Si entre los dedos se me escapa volando una flor
y ella solita va marcando el camino.
Dices que a veces no comprendes qué dice mi voz
¿Cómo quieres que yo sepa lo que digo?
Si entre los dedos se me escapa volando una flor
y yo la dejo que me marque el camino.
27.9.05
Voyage, Voyage

A viaxe permite descubrir os abismos insondables da alma humana, coma se isto fose Apocalypse Now e ti cheirases a napalm pola mañá, despois de follar contigo nos meus soños.

Tamén cheiro carne, carne, carne; e véñenme arre-píos
Gloria. Dúas noites antes de ser entronizado, entre bebida e bebida, caio coma Narciso no seu espello. Ilusións nocturnas.

Don't be jealous! Vexan como I. sostén un pito primus inter pares; señora, hoxe está de oferta, cómpremo, que se acaba, que mo levan, que mo quitan das mans, señora.

23.9.05
cinta



21.9.05
Tarde encantadora

Despois quedo con M. et alii, máis que nada para parolar un pouco, e para descubrir un sitio no que comes, comes, comes e ó final pagas por cada escarvadentes de pincho inxerido; se os tiras ó chan para evitar pagar, son 300 €. Si, ben paveros estes humanos.

Mentres como coma un león, intercambiamos anécdotas. O pito cóntalle que os progres no seu cortello fan o que tanto critican ós demais e M. cóntame unha nova fazaña dos intergalácticos da U, empeñados en apagar as faíscas da Rebelión. Ó final é sempre o mesmo, Todo por la Patria.
20.9.05
Asemblea
19.9.05
Deprimencia
Marcho para cama

Dígolle ó ordenador que me deleite coa discografía case completa de Los Nikis. Son uns tíos paveros. Mentres tecleo posts deprimentes, fálanme do rexurdir do Imperio-Pequeno:
Mira como gana la selección,
España está aplastando a Yugoslavia
por veinte puntos arriba.
Cambia el rumbo de la evasión,
de Cuba van directos a Canarias,
ya no van a Florida.
Los Mc Donalds están de vacas flacas,
ha vencido la tortilla de patatas.
En Las Vegas no hay black jack,
sólo se juega al cinquillo,
y la moda es en rojo y amarillo.
Te has metido en un buen lío,
del que no podrás salir,
que la suerte te acompañe,
camarada Vladimir.
Estoy arrepentido
de haber sido cosmonauta.
En la granja de mi padre
siempre me han echado en falta.
Tendré que secuestrar un barco o un avión
con rumbo hacia un país del COMECOM.
Fuera los tornillos, ya está abierta la carcasa,
pero me han pillado con las manos en la masa.
¿Quién me manda andar hurgando
en mi pobre transistor?
he caído como un tonto en las redes de Kirchoff.
En las redes de Kirchoff, en las redes de Kirchoff,
En las redes de Kirchoff, en las...
Los condensadores se han unido a las bobinas,
sufro en propias carnes sus descargas asesinas.
Estoy siendo acorralado por 200 resistencias,
en el mundo del amperio ya no existe la clemencia.
E no entanto, o Ministerio de Cultura jodendo con Cervantes aquí e alá, e aínda quedan tres meses... Marcho para cama, desexando espertar nun país que concedese tres Medallas Castelao de vez: Aduaneiros Sem Fronteiras, Siniestro Total e Via Anti-Colonial Activa
Ultima hora: Os Reis Magos chegan ás 17:50, nunha tarde en que non me apetece facer nada.
16.9.05
Donald



Mentres miro nubes negras no horizonte, pode que metáfora posta por algún Deus Cabrón, pregúntome se algunha vez te atreverás.
15.9.05
Lapis de memoria

14.9.05
De mañá

Falamos un pouco de todo, desde os invisibles encantos das anáforas e catáforas ata a conexión a Internet pola wifi do veciño, pasando polo meu (involuntario) ascender ata o cumio. Como fígado de tenreira rico rico mentres paso as follas do xornal; voume cabreando con esta merda de impaís sen remedio. Pola tarde, ilusiónasme.
Na tardiña vou ó encontro de a. e do seu mozo m.a., dous encantadores navarros. Falamos do divino e do humano, servidos por unha simpática camareira do Carballeira, con cautivador galego de nacida en suíza (pero española desde o primeiro día, sic). Descóbrese que a cultura indíxena navarra non coñece a Institución das Tapas, animaliños;-)

Mentres camiño de volta á casa, desta vez por diante do Tarasca, digo para min que así dá gusto.
12.9.05
Vida Social Galiñega

Ás oito, tomarlle unha con C., intercambiando quefixecheses e q quefarases e actualizando a nosa base de datos de cotilleos, ruxerruxes e bromas só aptas para freakies. Máis de noite, quedo con P. e con G., que veñen dunha Academia na que lles contan que as preguntas de reserva non son obrigatorias, pero hai que contestalas porque caen sempre,todos os anos impugnan das outras, seguramente porque o Harrison di outra cousa. Péchase unha noite tranquila ás dúas da mañá no Iacobus, facendo de antropólogo inocente na observación dos rituais de cortexo das crías humanas de 16-18 anos de idade.
O domingo pola mañá, despois de comprar o xornal e outra revista de pilículas, é tempo de limpar a cociña e o baño, coma un pito autosuficiente. Comida con i.a., descubrindo un novo lugar de Compostela e probando mexillóns empanados. Pola tarde, coñezo unha simpática gatiña (todo o simpática que lle pode caer unha felina a un plumífero, claro) e vemos unha película que, non pode ser doutro modo, está chea de referencias a Bélxica. Péchase a noite constatando a superioridade masculina ó dominó e, xa na casa, mentres movo o flúor entre os dentes, penso que é fantástico arrodearse de xente tan encantadora coma e., i.a., po., totó, c., p., g., j.

E así, vendo como pasa outro día máis sen responder emails atrasados, conclúo un post non-deprimente; a depresión xa me vai por dentro.
9.9.05
Por primeira vez en

Esvaran as mans sobre o teclado polas notas de Alice, que olla para os gatos, pero como me queda pouco tempo para ir ó cine, só leo a primeira páxina e decido pechar a tarde, xa imaxinan, con Knockin’ on Heaven’s door. Mentres descifro a pouco familiar notación americana, vou aplicando cada palabra á miña vida. Vólveme o mal da pel; bótolle pomada, isto si que se pode curar, aparentemente.
8.9.05
Yu-yu
7.9.05
Feira Franca

Había uns tintureiros e probei a ver nas amostras do seu catálogo se había algo que conviñese mellor ás miñas plumas marelas, mais non atopei nada a xeito, así que quedo como estou.
Como os nenos de agora xa non saben o que son pitas, ovellas, vacas, etc. non hai feira medieval que se prece que non poña algún deses bechos para dicirlle ós rapaces: "mirade os monstros que había na Idade Media". Para nós, está ben, porque sempre che saen contratos na cousa artística, inda que non de alta dirección

Transporte do viño polo Camiño Vello de Castela; daquela non había Denominacións de Orixe nin marcas rexistradas, pero sobrevivían.
5.9.05
Non me posso pagar tanto
do canto
das aves nen do seu son,
nen d’amor nen de mixon
nen d’armas - ca ei espanto,
por quanto
mui perig(o)sas son,
- come dun bon galeon,
que mi alongue muit’aginha
deste demo da campinha
u os alacrães son;
ca dentro no coraçon
senti deles a espinha!
E juro par Deus lo santo
que manto
non tragerei nen granhon,
nen terrei d’amor razon
nen d’armas, por que quebranto
e chanto
ven delas toda sazon;
mais tragerei un dormon,
e irei pela marinha
e fugirei do poçon
do alacran, ca eu non
lhi sei outra meezinha.
Nen de lançar a tavolado
pagado
non sõo, se Deus m’ampar,
e andar de noute armado,
sen grado
o faço, e a roldar;
ca mais me pago do mar
que de seer cavaleiro;
ca eu foi já marinheiro
e quero-m’ ôi-mais guardar
do alacran, e tornar
ao que me foi primeiro.
E direi-vos un recado:
pecado
nunca me pod’enganar
que me faça já falar
en armas, ca non m’é dado
(doado
m’é de as eu razõar,
pois-las non ei a provar);
ante quer’ andar sinlheiro
e ir come mercadeiro
algûa terra buscar,
u me non possan culpar
alacran negro nen veiro.
2.9.05
Brócoli

O ruxe-ruxe matinal do día foi que había Secretaria; logo deixou de habela; o único efecto desa liña mandada borrar dos acordos do Consello foi que as miñas plumas enfestaron un pouquiño, moi lorquiano. Intercambio breves emails con C. sobre un tema que me interesa ben pouco e que quero que me interese aínda menos. Non exporme. Non cabrearme. Hixiene mental. Adoro os cotilleos cando veñen a min, mais non penso perder plumas en buscalos. Non se equivoque; César só pode ser un guiño textual, non me interesa quén é ou deixa de ser, porque non existe fóra da rede, do mesmo modo que nunca atoparei o señor Swann comprando bragas para as súas amantes ou o tísico Ziemmsen non abandona a súa Montaña máxica. Un nunca vive a súa propia autobiografía.
Volta ó galiñeiro. Hai un pensamento que me interesa só como curiosidade entomolóxica, soñar que podo ser un pito xigante que vos vai cravando agullas e goza coa vosa dor de animais que vos empalmades cando cheirades o sangue. Creo que quero saír do voso ruído, pechar os ouvidos con cera ardendo. Elevarme. Ver máis alá. Esvaecer e espertar noutro universo paralelo. Se o hai.