<

31.8.05

Arre-pío fotográfico

Leo no estupendo blogue dunha veciña unha nova utilidade que nos permite a Internet esta. Primeiro foron os rueiros electrónicos que che permitían localizar ó instante as rúas de case calquera curruncho de Europa e ir fabricando, a base de retallos, mapas personalizados para ir de parranda polo mundo adiante. Logo chegou, a base do boca a boca, un asalto masivo ó visor do SIGPAC non para ver os metros cadrados (cuncas, ferrados,...) que che poñían os do catastro, senón para sacar a vista aérea da casa e indicarlle ós amigos cómo chegar para a churrascada de inauguración; pouco máis tarde, Don Manuel, coa súa visión de Estado, decidiu facer unha versión galega.

Despois, coma sempre, Google revoluciona o panorama e permítenos ver desde arriba boa parte do mundo (algunha das miñas vilas favoritas non estaba metida aínda no que me descarguei eu). E agora QdQ presenta un rueiro fotográfico (das cidades galegas só está Santiago).

Xa me porei a navegar e lles ensinarei máis sitios, pero agora teño que ir empaquetando todo para voltar ó galiñeiro. Déixolles unha foto do meu galiñeiro do Sur, por se queren vir deixarme millo.

29.8.05

Viaxes e familia

Visto que isto (aínda) non é Holanda e podemos gozar de certa liberdade de movementos, decido dar unha volta polos galiñeiros de abaixo, aproveitando que parte da familia estaba actuando por Vila Nova de Cerveira nunha festa medieval pretendendo apresentar uma reposição histórica fundamental do século XVI (sic) aquí vos van fotos dos parentes nas súas respectivas funcións, para que me vaiades sacando parecidos:


Proveño de familia de alta alcurnia, de pitado vello que sae no Vida Social Gallega sen ter que chamar fotógrafo ningún. Á súa dereita, un galo pedrés e unha galiña de Guinea.











Vacas, ovellas e pitos participan na mesa de cuestación para [pronúnciese como o faría Wyoming] ¡salvar España!







Despois disto, a etapa máis importante do camiño: gozar da fantástica gastronomía e sacrificarse dando conta dunha inxente cantidade de costeliñas con arroz, patacas,... e rematalo cunhas densas rabanadas de sobremesa. Se queren aloxamento en Caminha, fagan saber:


Para baixar toda esa carne (e acompañantes), paseo polas casas mariñeiras de Viana, entre o parque das festas (mmm, volver ver os cochiños de cando era pito pequeno) e o centro da vila, onde dou o último saúdo á xente para voltar ó galiñeiro antes do solpor.

Cotilla

Internet é un mundo ben pequeno, realmente é coma un patio de luces (ou un corral de comedias, por varrer para casa) e en pouco se diferencian as webs daquelas veciñas que che poden sacar todos os teus costumes, hábitos, amores e perversións a forza de asexar coma se estivesen exercendo.

Eu teño unha desas veciñas á porta do galiñeiro e pouco e pouco vaime contando cousas de vostedes, de onde veñen, onde están,... só polo prezo de falar un pouco con elas do tempo e dos funerais. Cada día descubro novas páxinas webs que tiveron o detalle de enlazarme e voume inchando coma se fose un pavo. O único certo é que ás veces pásanse de cotillas; aínda non chegan a darme o seu nome, mais por veces achéganse bastante

VISITOR ANALYSIS 29th August 200509:03:56
Referring Link http://oollodavaca.blogspot.com
Host Name ***.Red-213-98-107.pooles.rima-tde.net
IP Address 213.98.107.***
Country Spain
Region Cantabria
City Santander
ISP Telefonica De Espana Sau (ncc#2000108569)
Returning Visits 0
Visit Length 2 mins 24 secs
VISITOR SYSTEM SPECS
Browser MSIE 6.0
Operating System Windows XP
Resolution 800x600
Javascript Enabled

Non se preocupen, que eu son pito discreto e xa llelo digo que estas cousas quedan entre vostedes e mais eu, pero nunca esquezan que Internet está chea de cotillas que poden saber moito, así que se lles preocupa, ademais de tirar ó lixo o Internet Explorer e borrar o Outlook, teñen varias páxinas webs nas que escaravellar

26.8.05

Damm good blog!!

Estou pampo co enorme poder do galego, seguramente grazas ó bo labor de Xesús Pablo e compañía, espallando bolseiriños polo mundo. Xa van polo menos 4 comentarios no que vai de semana nun perfecto inglés que gaban este blog e deixan tarxeta de visita; se aínda fosen todos coma o da entrada anterior, pois vale, pero houbo quen, non contento con publicitar a súa web de vendas, púxome todo o catálogo na mensaxe. Felizmente teño instintos doncamilianos [a ligazón vai especialmente dedicada para vostede, i.a.] e van para o cesto.

Pouco teño que contar, ou máis ben é que me volve vencer a preguiza deste tardo-agosto no que xa non me queda ningún cargo interesante ó que optar, aínda que bueno, segue quedando un choio libre. Non sei por que Galego.org [que me segue poñendo publicidade en castelán, coma se fose a TVG!!] non organiza unha porra xeitosa sobre o caso. Eu voto por Henrique Monteagudo (e señora, claro), que debe de ser o que lle falta para lucir con xeito a camisa negra e o chaleque de coiro; aínda que tamén podiamos pasalo ben se fose outro. E a repanocha había de ser un home tan amigo da vaca (desta non, da outra, ou viceversa;-)

Leo que a Xunta vai seguir escarallando a miña Erica Vagans; iso si, a selección galega de fútbol que non falte, que hai prioridades na construción do país.

Actualización (29/08/05)
O tema xa se debate en Galego.org; a enquisa non dá posibilidade de arriscar nomes, que é o máis divertido;-), pero se queren poñelos aquí para deixar constancia, teño plumas abondo para facer de notario. Se ó final son eu o elixido, sortearei un posto de asesor entre os 100 primeiros comentarios a esta entrada...

20.8.05

Incertezas



Nestes momentos estou exercendo de tradutor polo benestar da Ciencia europea, mentres ilumino o meu espírito con aromas máis eficaces cós cantos católicos e todas esas letanías que coñezo demasiado. E vendo a locuacidade de Cesare, decido escribir un pouco, probando o novo invento pro-monopolio, que non deixa subir imaxes.


Cando chegan os días que rematan en cero, un non pode deixar de recapitular cómo foi o mes e o que lle queda.
+ Vou adiando o inevitable desafío de enfrontarme a dous incompetentes, tentando resolver a derivada que me dará o resultado óptimo entre tempo perdido/beneficio para obter un papeliño que engadir á colección.
+Caio na tentación de seguir vendo DVDs sobre nazis en lugar de gañar plumas para as miñas ás e non ter que ir vagando por películas de Capra para redimirme e non rematar nun posto de funcionario do "nivel Baixo-Terra".

Quizais todo isto veña simplemente porque estou onde non quero.

17.8.05

Hoxe non vou dicir nin pío nin mu


14.8.05

Galicia, cuna de la Biblia


Volvo bater no libro Galicia, cuna de la Biblia, de Alfonso Pereyra. Segundo conta no seu libro, autoedición de 1986, dedicado á memoria de todos os Adán Kadmon do mundo, cábelle tamén a honra de constatar a posibilidade do movemento continuo e de achar probas arqueolóxicas que demostran que os feitos narrados na primeira parte do Xénese aconteceron en Galicia.

En efecto, o que demostra neste libro o investigador de Vimianzo é que la primera parte del Génesis bíblico aconteció totalmente en Galicia. Secundariamente, demostra tamén que el arameo procede del antiguo idioma hablado en Galicia y que este mismo idioma gallego, con difusión enorme en su tiempo, fue la base, muchos años después, del castellano y del portugués.

Non está nada mal o choio. Lástima que non conseguimos ser nai das linguas romances todas, pois o latín nace dun estrano ménage à trois: Se puede afirmar que esta misma antiquísima lengua sirvió de base al griego arcaico y al etrusco, que a su vez fueron el punto de partida del latín.

Pereyra válese das técnicas dos mellores investigadores (non me consta o do chaleco multi-petos), nunca permite que a realidade lle estropee un bo descubrimento. E así podemos ler similitudes impresionantes como a que segue: Moíño, en gallego = Molino (literalmente: Movido por las aguas o final de las aguas). Moisés: Salvado por (o de) las aguas. Curioso, abofé que si.

11.8.05

Publicidade

Nun dos sitios onde menos mo podía imaxinar (na edición galego.org de Vieiros) bato con publicidade en castelán de Franqueira, que anda buscando franquicias:


Imaxino que Xabier Cid non escolle a publicidade que lle poñen aí e nada pode facer, pero é que hoxe xa levo o día completo no que se refire ó galego.

Pola mañá, mentres facía as probas para unha nova gravación de DVD, vexo na tele que entrevistan nenos dun campamento urbano en Vigo; ni Dios fala galego, agás un rapaciño de Rodeiro, e a maioría un castelán con fonética de Paco Vázquez. Logo, leo no Faro de Vigo unha destas publirreportaxes da Xunta que levaba no seu enorme titular un pronome mal colocado que aínda me bailan os ollos. Máis tarde, comentan non sei onde que no novo goberno hai un bilingüismo harmónico que tira para atrás e que moitos dos novos conselleiros xa non fan o destroce habitual do galego.

Día completo; e eu que estaba tan alegre e renovado por dentro ó recibir onte, con anos de retraso, unha carta do Marcelino na que se me dicía que acabas de finalizar unha etapa na USC, correspondente aos estudios que cursaches de 1º e 2º Ciclo e propagandeaba os estudos de postgrado da USC. Manda uebos!

9.8.05

Por que o pito atravesou a estrada?

Hoxe toca un pouco de mitoloxía comparada. Desde a popularización de Internet, unha dúbida que teñen en común os habitantes de medio planeta é por que o pito cruzou a estrada? Hai quen ten todo un dominio en Internet para responder a cuestión; hai freaks que realmente si que parece que viven un pouco por fóra do mundo; hai casos particulares que realmente entendo pouco e hai incluso peculiares adaptacións, coma este por que o tuiuiu atravessou a estrada no Mato Grosso do Sul?

Aquí van algunhas respostas posibles a tal enigma, collidas de linguas distintas para mostrar que afinal todos pensamos no mesmo (de última, a solución):

MOISÉS: Uma voz vinda do céu bradou ao frango: "Cruza a estrada!" E o frango cruzou a estrada e todos se regozijaram.

SÓCRATES: ¿Sabes qué es un pollo?

KARL MARX: Era storicamente inevitabile...

HIPPOCRATE: En raison d'un excès de sécrétion de son pancréas.

CAPTAIN JAMES T. KIRK: To boldly go where no chicken has gone before.

DARWIN: A lo largo de grandes períodos de tiempo los pollos han sido seleccionados naturalmente de modo que ahora tienen una disposición genética a cruzar carreteras.

NEIL ARMSTRONG: E' un piccolo passo per il pollo, un grande passo per il pollame.

BILL GATES: A Microsoft acaba de lançar o Microsoft Chicken 2003, que não só atravessa estradas, como também põe ovos, arquiva documentos importantes e faz contas. É também melhor que o MSChicken 2000 que por vezes bloqueava a meio da travessia da estrada.

GALILEE: Et pourtant, il traverse.

ALBERT EINSTEIN: Si el pollo ha cruzado la carretera o la carretera se ha movido debajo del pollo depende de tu marco de referencia.

TORQUEMADA: Give me ten minutes with the chicken and I'll find out.

HEISENBERG: Se so dove si trova il pollo non so con che velocita' attraversa la strada.

SIGMUND FREUD: El hecho de que estés preocupado porque el pollo cruza la carretera revela tu inseguridad sexual.

HEMINGWAY: "To die. Alone. In the rain."

SCHROEDINGER: C'è una certa probabilità che in un dato istante, il pollo sia da un lato sulla strada ed anche dall'altra parte.

MARTIN LUTHER KING: Veo un mundo en el que todos los pollos serán libres de cruzar la carretera sin que sus motivos se pongan en cuestión.

GEORGE ORWELL: Para fugir da ditadura dos porcos.

LUIS MOYA:...ojolargaderechasecierrratrasssparaquintaafondoo o...
CARLOS SAINZ: ¡¡Joder!! ¡¡Un pollo en medio de la carreter...
(PUMBA, PATAF)
CS: ¡¡Me cago en su madre!! La cagamos Luis.
LM: No, Carlos, no la hemos cagado. Trata de arrancarlo Carlos. Por Dios, ¡¡Trata de arrancaaaarlo!!

STALIN: I don't care. Catch it. I need its eggs to make my omelette. // Le poulet devra être fusillé sur le champ, ainsi que tous les témoins de la scène et 10 autres personnes prises au hasard, pour n'avoir pas empêché cet acte subversif.

NIETZSCHE: Ele deseja superar a sua condição de frango, para tornar-se um superfrango.

FOX MULDER: You saw it cross the road with your own eyes. How many more chickens have to cross before you believe it ?

JESUS: Apenas quem se faz frango e atravessa estradas pode entrar no Reino dos Céus.


CLINTON: Je n'ai eu aucune relation sexuelle avec ce poulet !

MACHIAVELLI: L'importante e' che il pollo ha attraversato la strada. A chi interessa Il motivo? L'attraversamento della strada giustifica ogni possibile motivo.

ANDERSEN CONSULTING: La desregulación del lado de la carretera del pollo amenazaba su posición dominante en el mercado. El pollo se enfrentaba a importantes retos para crear y desarrollar las competencias necesarias para encarar la competitividad del mercado. Andersen Consulting, en una relación de socio con el cliente, ayudó al pollo rediseñando su estrategia de distribución física y procesos de implantación. Empleando el método de integración avícola MIA, Andersen ayudó al pollo a emplear sus habilidades, metodología, conocimiento, capital y experiencias para alinear a los recursos humanos, procesos y tecnología del pollo en el apoyo de su estrategia global dentro de un marco de trabajo de Gestión de Programas. Andersen Consulting convocó un equipo multidisciplinar de analistas de carreteras y los mejores pollos que, junto con consultores de Andersen con profundas habilidades en la industria del transporte, abordaron durante dos días una serie de reuniones al objeto de apalancar su capital personal de conocimiento (tanto explícito como implícito) y de permitirles obtener sinergías entre sí para conseguir las metas implícitas de la entrega y diseño exitoso e implementando un marco de valores de empresa a través del continuo de procesos avícolas. Las reuniones se mantuvieron en un entorno de alto impacto que estaba estratégicamente situado centrado en la industria y elaborando un mensaje consistente claro y único frente al mercado alineado con la misión, visión y valores principales del pollo. Esto condujo a la creación de una solución integradora de negocio total. Andersen Consulting ayudó a que el cambio del pollo fuese más exitoso.


DECLARACIÓNS DO PITIÑO: Cando un paisano vai correndo detrás túa cun coitelo na man, crúzase o que faga falta!





8.8.05

Sebopsoriático

Pois resulta que pertenzo a un clube selecto, 1-3% da poboación. Patoloxía autoinmune non contaxiosa, crónica, pero con longas tempadas de remisión (ademais téñoa por poucos sitios, case nin se me nota). Fálase dun 30% de transmisión xenética, pero non está claro qué causa os brotes (lin nun sitio que o desencadeante pode ser unha infección das vías respiratorias ou estrés emocional; ambas as dúas valen para o pitiño, a quen lle paso a factura?).

Perdín o tempo cando a outra veterinaria me diagnosticou Dermatite Irritativa (iso si, era unha enfermidade que me saía bastante máis barata...)


Chéganme mensaxes tituladas Hot females tortured by monster cocks, pero á hora de abrir a mensaxe [nenos: non fagan isto na casa se utilizan Outlook], movido pola curiosidade de tal fenómeno científico, aparéceme un texto do tipo:

hi cutie Man cannot live by incompetence alone.,
This indeed is a safe refuge, it is the refuge supreme. It is the refuge whereby one is freed from all suffering.,

A countryman between two lawyers is like a fish between two cats.,
Happiness is the interval between periods of unhappiness.,

Será que alguén se apiada do meu corpo enfermo e quere salvar a miña alma?

7.8.05

Nu(s)

Reordeno e completo este blog con ligazóns que me parecen interesantes, por iso de que hai máis vida que no propio galiñeiro. E navegando atopo cousas como estas:


E imaxino que me desplumas e, en lugar de meterme na tarteira para comer polo de boa calidade, lévasme de paseo contigo.

E mentres leo o fulano das magdalenas que se angustia cada vez que vén cear o Sr. Swann, maldigo o puto mercado inmobiliario.

Altares




A miña vida non depende dos astros. Depende das candeas que lle pon miña avoa ó Nazareno. E Deus non ten libro de reclamacións.

4.8.05

Varios

Estes días estou facendo varias cousas, así, soltas. Xa saben da miña nova faceta de facedor de DVDs (e van 2 e medio!!); e cada vez que as miro e remiro retomo novas imaxes: Deckard recollendo o unicornio de papel no chan, que lle amosa o seu destino; gozar dunha xoia da que o director renega (por iso sosteño que o autor, unha vez publicada a obra, non está máis autorizado ca min ou ca ti a opinar dela!); e incluso preguntarme qué sería desta película se non fose porque os cabróns da Metro a masacraron, e pensar en Garrett matando o seu amigo, nun Oeste crepuscular onde nada é o que foi, escoitar o misterioso Alias-Bob Dylan, chamando ás portas do Ceo.

Vicepresidente de Igualdade e Benestar

Síntoo moito, pero cando leo o título que lle puxeron, non podo menos que imaxinarme un Quintana con capa de super-heroe e traxe cinguido, percorrendo Humidtown (obrigadiño, Cesare, pola denominación, é cousa súa?) e periferia, loitando contra atracadores, mallando en acosadores e elevando a aura vital dos habitantes case tanto coma unha fábrica de chocolate.

3.8.05

Famoso

Copio da web de Vieiros. Orgasmo de fama para o pitiño

RECONTO DE BLOGS

A bitácora por segundo

[03/08/2005 16:04] A ese ritmo medra a comunidade de escritores de diarios internáuticos, segundo o estudo de Technorati, adicados á peneira de blogs. Din desde esta empresa que o total de bitácoras en internet supera xa os catorce millóns, que preto da metade se crearon no que vai de ano e que é de agardar que en só cinco meses a cifra volva duplicarse. Iso si, só detectaron un 13% que actualicen cando menos unha vez á semana. De paso, contámoslles das últimas novidades no blogmillo chegadas ao noso buscador: CAmpus Stellae, bitácora dun "aspirante a contador da vida", A vida dun inocente pitiño, reflexións dun "pito de galiñeiro que asoma a cabeciña por riba do muro", Verbas coma puños, blog do "Melro, galego a madurar no Mar de Pedra coa escusa da Universidade". Ademais: Seven Women, Vigo Blog e Rei de Copas.Máis noticias en Canal Fwwwrando

2.8.05

Estrea


Non fun, pero dixéronme que os humanos estreastes presidente. Imaxino que os da Va-ca estarán felices de ter un Toro, torito, bravo como Presidente. Que aproveite.

1.8.05

Insolidariedade animal

Mentres agardo que, por fin, poida ter en man o primeiro DVD creado polas miñas poutiñas a partir dun VHS, navego un pouco pola rede, case ó chou, e atopo esta idea equivocada. Cópiolla aquí [si, de acordo, debería dicir -llela, pero no meu galiñeiro non facemos tal distingo, nin sequera vemos, só miramos...]


Actualización: Funcionou. Xa está na rúa o primeiro DVD de Pito Productions.

Sit tibi terra gravis


Boletín Oficial do Estado, 1 de agosto de 2005