<

27.5.05

Hai motivo

Realidades da vida precaria

- Una embarazada, sin cobrar la baja
- Una madre con niño, sin ayuda por madre trabajadora
- Un parado al que se le terminó la beca, que no puede pagar el alquiler
porque no tiene subsidio y lo desalojan
- Un enfermo crónico del que su seguro privado no se responsabiliza
- Un accidentado en el trabajo al que no se indemniza y no puede trabajar
- Un investigador que sigue trabajando con 70 años, porque si no, no podrá
percibir su pensión completa
- Una pareja de investigadores, que no se puede comprar un piso porque no
les dan la hipoteca al no tener nómina
- Un investigador con una maleta, que se tiene que ir al extranjero porque
aquí no tiene trabajo
- Uno que se ha intoxicado con los productos del trabajo, que no puede dejar
de trabajar porque tendría que devolver la totalidad de mensualidades que
lleva cobradas
- Uno que no puede leer el DEA el segundo año, por lo que solamente le queda
un año de beca, imposible terminar la tesis... abandona y busca trabajo
- Un becario posdoctoral con familia e hijos, que vive en un cuchitril
- ... y sigue, y sigue...
¿Alguien todavía piensa que no hay motivos para manifestarse?

-------------------

Actualmente las medidas que propone el Gobierno son:

+ Estatuto VOLUNTARIO: Si la entidad quiere, se apunta, si no quiere,
no, no tiene ningún tipo de beneficio fiscal, de subvención, nada.
Cuenta con que se apuntarán las becas del ministerio y puede que
alguna autonomía/univ. despistada...(si al actual EB no se ha apuntado
la mayoría, ¿por qué iban a hacerlo al nuevo?)

+ Estatuto pensado sólo para sistemas de becas de 4 años, quedan fuera
becas adscritas a proyecto, autonomías con sistema 1+1+2 (p.ej.
Galicia), etc. El sector privado también queda fuera. Alegría.

*posibilidad A*: Mi beca se acoge al RD, yupiii!:

+ Cotización a la SS reducida para la etapa de beca: Si necesitas una
baja o un permiso por maternidad, pasas a cobrar la mitad,
precisamente en una situación de necesidad.
+ No cotizas por el desempleo.
+ A pesar de que haces el mismo trabajo durante todo el periodo, sólo
tienes derecho a contrato el tercer y cuarto año, curioso, ¿no?
+ Tus derechos y deberes dependerán de si apareces en el reglamento de
régimen interno de tu centro. Si no apareces: no tienes derecho a
NADA.

*posibilidad B*: Como el Estatuto es voluntario, pues mi entidad no se
va a apuntar. Pues peor me lo pones:

+ Todos los años que pases con esa beca van a contar como si no
hubieses trabajado nunca, pedazo de vago:
- No contarán para la pensión de jubilación (sí, esa que sólo
puedes cobrar íntegra si cotizas 35 años)
- No tienes derecho a desempleo. No, ni aunque seas becario
a los 30 y tengas hijos que alimentar cuando acabe la beca.
+ Si tienes asma o diabetes o cosas de esas, por muy investigador que
seas y aunque tengas 30 años, tendrás que ir al médico de la SS con la cartilla de tu papá,
porque eso no te lo cubre la mierda de seguro médico privado que (a lo
mejor) te ha contratado la entidad que te beca.

Y más cosas, que ya no sigo escribiendo, para no aburrir.

Si has leído hasta aquí sin inmutarte y sólo te sigue importando lo
del IRPF y que no te paguen el día 1, sino el 9 y no tienes ninguna
intención de luchar por tus derechos, ni de manifestarte, ni de
participar, mis felicitaciones por seguir vivo teniendo horchata en
lugar de sangre.

Como dice la UE (y, desde mucho antes, la FJI): NINGÚN INVESTIGADOR SIN
CONTRATO

20.5.05

Reflexións dunha noite de xoves

Ademais de salvador de Roma das artes de Tarteia, Xano é, por natureza, o deus bifronte. Exercendo de bifronte, estou seguro de que olla as cousas de distinta maneira, ten dúas subxectividades e como tal exerce.

1:15. Penso nunha vida feliz, relaxado, con amigos que me sacan de paseo ó cine e se preocupan por min. 1:20. Penso que a miña vida é un si, pero..., unha vida de futuros frustrados, un agobio que non serve, porque despois hai nada.


Soñas con ser Ícaro, pero non por ascender ó ceo, senón porque sabes que caerás. Sen saída, as portas non son portas, son paredes e bates contra elas pensando que alguén, finalmente, traerá a chave para abrilas. Estalo pensando, pero a túa outra fronte sabe que non é así, sabe que dentro de nada alguén encenderá un misto nun edificio empapado de gasolina; e arderás, diante da porta.

1:25. Mañá lerás emails de compañeiros solidarios, loitando por unha causa xusta. Lerás emails de xente que coñeceches en persoa e que sabes que paga a pena. Seguirás escribindo as túas investigacións e crearás, darás forma coas palabras. 1:30. Mañá botarás horas escribindo para bater cunha parede, para que nin che axuden todos eses beneficiarios egoístas, que quedarán no Anteinferno, porque nunca tiveron sangue nas veas. Mañá escribirás, para nada, porque non hai futuro; escribirás, mentres oes que o programa X non funciona e que, crueldade, non lles deixan facer ponte. 1:35. Choras: por ti, por Evita, por Irene Adler?


Non quero arrastrarte na miña caída, i.a. Non quero que naza un tumor que vaia medrande e que nalgún momento explote. Non quero facerche (máis dano). Síntoo. Es a rapaza xenial no momento equivocado, porque agora tampouco eu teño forzas, tamén eu son débil, e tamén agacho a cabeza para deixarme levar pola corrente, o mar que somerxiu o bravo temoeiro Palinuro. Grazas por todo, i.a., moito máis do que pensas.


1:40. Volverás falar con Evita, saber se o FNRS lle pagou os cartos que lle debía, se elixiu un bo representante, se as gambiñas da familia van crecendo ou se P. e M. dormen na súa casa, como fai ese gato de peluche que miaña tan ben. E falas con ela porque che importa, porque enche a túa vida, porque levas medio ano falando 7 horas ó día con ela. 1:45. Cada vez que falas con Evita, auméntache a dor, porque vela aí, tan preto e tan lonxe. E pensas na mensaxe número 35 que tes gardada na memoria: ;-)) Hola, ninho!Toy todavia cn ls colones d la isla Lincoln.. Que valientes! Sigue su modo de ser! Sabes q cuando estaras grande tendras que madrugar para cantar! E sabes que nunca será para ti.


Caír, porque a vida é caír, e nunca se sabe se se chegará ó fondo do precipicio.

17.5.05

Alegría

Este pequeno pito está tan alegre como se lle metesen en vea a discografía completa de Lhasa de Sela, seguida dunha antoloxía das cancións máis tráxicas de Chavela Vargas (e iso que o que está soando é Paganini, o diabólico Paganini).

E nin sequera teño o recurso humano de emborracharme ata que comece a ver pitas azuis por duplicado. Non teño a cabeza para as vacas. E resisto a tentación (e nin sequera sei se debería...) de chamarte; dígoche que estou aquí, coma un pito bo, traballando n'algo que agora nin me apetece, para un futuro negro, e nun presente de anguria [non a Cucumis Anguria, claro], de non saber qué facer nin saber se paga a pena ese non-facer.

E repítoche que non mereces isto, nin comprar cuarto e metade de paciencia no colmado.

E quero que me ensines palabrotas, ce connard de *** m'enmerde grave!

Dualidade, dualidade, porque en cada relación de parella, somos tres. E non saber ata cando, nin se paga a pena todo isto. Choros e desesperación. Agora o nihilista son eu.

13.5.05

Érase unha vez un pito cairo...



Érase unha vez un pito cairo que andaba polo mundo buscando comida e mais fortuna...

Todas as etnias teñen historias míticas sobre o seu pobo, e grandes heroes que souberon facer fronte ás adversidades todas e seren, pola súa actitude, un exemplo para a sociedade e as novas xeracións. i.a. tivo o fermoso detalle de obsequiarme coa lenda sobre a historia do piiiito caairo e as súas moedas.

Non sei se alguén botou en falta os posts doutros días... Estou farto, das vacas e de moitas outras cousas. De navegar pola corrente. De sofrer dejà-vus e de navegar en círculo. De non atopar un sentido (ou, o que sería peor, de estar diante do sentido e non velo).

10.5.05

Cabreo!

Este pitiño está moi cabreado.

En primeiro lugar, non sabe ónde carallo meteu o lapis USB, que non só lle custou un bo número de denarios, senón que era unha comodidade para andar cos putos traballos de aquí para alá.

En segundo lugar, ten moooooito sono [vide foto], pero non pode durmir, porque ten demasiadas cousas que facer, e o carallo é saber se servirán para algo neste panorama de mediocridade...



E para máis carallo inda [hoxe estou metafórico florido], hai 5 minutos, a mesma rabuda que estivo toda unha semana tocando os collóns con que non lle deixaban facer ponte, qué inxustiza, qué opressom, chamade os Marines!, púxose a berrar:

+ O 1 de setembro é xoves, se veño o luns, en lugar dese día, vós credes que debería dicirllo a P. ou a C.? É que como agora non deixan facer pontes...

Se algún día vedes no xornal un pito ataviado ó estilo de Michael Douglas, son eu.

9.5.05

PD: Espertador non-virxe

Hoxe o meu espertador perdeu a súa virxindade. Mentres estaba facendo a cama, levou tal carallazo [a ligazón vai especialmente dedicada a e., que me confesa que aínda non se defende co galego] coa manta que caeu, agonizando por baixo da cama tras un duro impacto. Xa sabe que a vida no meu galiñeiro é dura, mais por agora aínda está vivo. Seguiremos informando.

Si, miña señora, xa sei que me dirá que é un brutal paradoxo que nun galiñeiro se use o espertador, pero non oíu falar nunca da externalización dos servizos?

Seguimos!

Hoxe houbo moito balbordo no galiñeiro, porque seica a princesa dos humanos puxo un ovo e nacerá un novo galo que reine neles. Parvos compracentes.

Este pequeno pito estivo onte por un lado limpando a casa, por outro lado fritindo chuletas de cordeiro acompasadas co teléfono móbil e, finalmente, pois todo ten tres lados [catro, se contamos o tempo...], resistindo as innobres tentacións, para poder salvar o mundo civilizado da man dos Precarios e publicar, publicar, publicar, para superar en citas no catálogo a i.a..

Todo iso en lugar de cear. Escoitar a Antonio Vega en vez de ducharse. Quousque tandem abutere PEPITO GRILLO patientia mea??

7.5.05

Tarde de compras

Vai calor aquí e os humanos comezan a quitar pezas de roupa, para ensinar carnes, escotes, pernas... Excuso dicir que mentres que non fabriquen plumas de quita e pon, este pitiño ten que amolarse e ir a todas partes co abrigo posto, mirando con envexa os homes e, con envexa e cobiza, as mulleres.

Son un pito consumista e así, cada dous meses, máis ou menos, entro no meu templo (hai máis, que non son exclusivista) para ofrecer a esmola correspondente. Hoxe cóntovos algo de música



Con moito gusto, cae The Living Road, da canadiana Lhasa de Sela, que Evita foi tan amable de me descubrir, como tantas outras cousas.

Mentres escribo este post, teño de fondo unha antoloxía da Dama de poncho rojo, pelo de plata y carne morena. A inconfundible voz rasgada de Chavela Vargas enche as baleiras salas deste edificio




Seguimos con Mike Oldfield e a gravación do Tubular Bells da man da Royal Philarmonic Orchestra, pasando por Xoel López (Deluxe) e o seu Not what you had thought, que espero que sexa tan bo coma o Los Jóvenes mueren antes de tiempo que me regalou Irene Adler, antes de que soubese que explorei a súa alma no catálogo da Biblioteca.

Entre as ofertas-liquidación (corren malos tempos para a poesía) está La vida por delante, onde El Loco canta poetas: a loca Gil de Biedma (tío da Ex-Menestra, manda uebos), un tal Cesare Pavese que fala de gatos, incluso Neruda.

Facendo un inciso literario, sempre pensando nos meus amados anxos neutrais, compro a Sinfonía Dante e a Sonata Dante, de Franz List. En homaxe a todas as miñas horas dialectoloxizando con Radio Clásica nos auriculares.


Remata a sección musical cunha antoloxía dos meus paisanos (incluso os pitos temos Patria), que non son de Monforte (ou si?). Siniestro Total pregúntase Quiénes somos, de dónde venimos, a dónde vamos; se alguén sabe a resposta, que a diga:-)

6.5.05

Cabreo

Levo dúas horas pelexando co meu ordenador. Resulta que o carallo do antivirus chochea (e iso que é do trinque, coma quen di) e entra en conflito co mundo e déixame sen Internet cando lle dá a gana; cando acontece tal, teño que realizar complexos rituais de subsanación, que nin sempre funcionan, así que hoxe decidín quitalo do medio e pór no seu lugar ó seu irmán menor, que é bastante máis comprensivo e carente de ambicións.

Todos estes problemiñas técnicos déixanme sen moitos desexos de vos contar algo. Onte fun comer ó Belgo, a devorar deses bechos que inundan o Mar da Arousa, en varias e saborosas combinacións. Mmmm, algunha cousa tiñan que ter de bo os centroeuropeos eses...

4.5.05

Castros



Estou nun poblado reconstruído dos antergos destes humanos que me acompañan. Do s. III ó VI, sempre d.C. Contábanme que leron no periódico unha gran verdade: qué previsores eran os antigos, que sempre facían as súas construcions no que sabían que hoxe ía ser terreo da Administración, monte comunal,... Cantos monumentos sabedes que estean en terras privadas?

O que tamén quero facer constar é que estou ata o cu dos antepasados, sempre facían os seus castros no alto do monte, no "moi alto" do monte...!! Que lles custaba facelo nun val para non cansar as miñas plumiñas??

Vacas samitas



Nin ILGaítas nin AGALitas, estas vacas son plenamente samitas, id est, comen herba nos prados adxacentes ó mosteiro de Samos

Teñen uns cornos que meten medo. Mentres estaba mirándoas, pasou por detrás miña unha excursión. Unha velliña comentáballe ó señor marido "Ai, eses cornos se chos meten polo cu teñen que doer". E o sabio galaico sentenciaba: polo cu ou por calquera sitio.

Montes do Courel



Subo ás alturas, estou algo máis preto do ceo das galiñas (xa sabedes, millo para toda a eternidade, mentres que os pitos que se portaron mal apodrecen no Inferno rodeados de raposos...)

Non me lembro exactamente do lugar, creo que é Seoane do Courel, ou incluso Fonfría, ou pode que pasando o Cebreiro e antes de chegar á antiestética Pedrafita (para un lugar mítico que tiña no pensamento!)

Xa quixeran os belgas ter os nosos montes...

Nihilismo

Outra xornada consagrada á arquitectura e enxeñaría, coas súas pontes, e a rajar do que fan agora algúns rojos de antaño, como se ese fose o maior problema desta ¿santa? casa...

E non mi stupisce che i.a. divente nichilista e fugga da questo posto di pazzi! Beata lei che può farlo!

E adianto que esta tarde, cando estea isto absolutamente baleiro, aproveitarei para escribir a segunda parte da viaxe do pito.

3.5.05

Chiculate

Onte fun á Pepa a Loba a desgastarlle un pouco a voz a i.a., que finalmente non renunciou ó tabaco. E falar da vida vista como función de onda, e dos niveis de lectura que propoñen os sabios, e do sexo de I., e do meu querido Lucifer, que caeu do ceo o pobre animaliño. Na agradable compaña foxe o tempo e, como di o tópico (que non o cánone), as horas son minutos... E xa sei qué che hei de ler.

Cama

A primeira vez, xuntos na miña habitación. Sen roupa ningún dos dous. As miñas mans sobre ti, coñecendo os teus segredos, sobándote. Unha noite un e outro, confiando mutuamente nun gozoso espertar. Así foi, doutor, que durmín co meu novo despertador...

2.5.05

Na casa

i.a. telefonea para presentarme a Lhasa e eu escribo mal unha palabra; es un encanto.

En homenaxe, mentres escribo isto, escoito de novo un CD dela que desde tempo tiña no caixón, como se intentase esquecelo sen poder, e leo as palabras que Evita escribiu ¿para min? [xa sabemos, problemas do autor implícito, e da ficcionalidade dos textos]. É precioso, pero non o entendo, non porque estea en francés, senón porque ti non mereces deixarte arrastrar pola corrente. Courage!

Je chante à toutes forces,
Pour toi.

Viaxe (episodio I)

Camiño do Courel a Compostela, non por terra liberada, claro está, que aínda se precisan cartos para comprar millo. Saio coa familia a ver algo de mundo, que as plumas mantidas moito tempo na casa acaban por coller piolla.



Unha vez que a familia está reunida e preparada para a partida dispoñémonos para a longa marcha, porque temos que ir en coche, non porque as galiñas non poidamos voar, senón por mor das restricións da Comunidade Europea, pois podémoslle facer competencia desleal ás gaivotas da Normandía francesa, ou algo así, xa non me acorda moi ben.

A primeira parada é na Golada, onde imos ver uns pequenos edificios que son as bancarelas onde se facían as feiras, se gardaban as cousas para vender,... xa me esqueceu o nome outra vez (heino de buscar mañá no Google, porque o Alzheimer pítico fai os seus estragos.

Pouco máis tarde, en Portomarín, descubro o contraditorios que sodes os humanos – permítome pluralizar, porque ata que haxa Internet nos galiñeiros, creo que non me han visitar moitos conxéneres, que non hai cartos para cíberes. Resulta que vai un señor, exprópiavos un pobo, obrígavos a mudarvos a unhas casas todas iguais, construídas ó xeito de Castela, e ides vós e dádeslle o seu nome á praza principal...





Reza o cancioneiro popular:

A Terra é nosa, e non de Fenosa


E cantaba o Suso Vaamonde, falando de Castrelo de Miño, unha historia parecida, polo ano 1965:

Miren señores que historia
nun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.

Cheo de uva e de amor
era un val tan fermosiño
era en Galiza unha frol
era Castrelo de Miño.

Hasta que chegou o día
nunha mañá moi fermosa
en que chegou a Castrelo
o Conde señor Fenosa.

Ademiraba aquel conde
non as ringleiras do viño
senón o embalse futuro
do meu Castrelo do Miño.

Cando en Castrelo se soupo
das intencións daquel conde
o pobo en hirmandade
ante a infamia responde.

Estas verbas di Fenosa
"si les jodo qué mas da
a mi lo que me interesa
es la ilitricidad".

"Que el embalse se construya"
dixo Paco entusiasmado
e alí mandou os ceviles
pra impoñer seu mandado.

Pedradas mandou o pobo
que lles foron a perilla
pros que enchen de auga Castrelo
e dan a lus a Castilla.

Fíxose logo o mandado
pagaron a patacón
a vila nun pedregallo
a xente na emigración.

Hoxe volven as andadas
mais encoros van facer
probiños dos nosos rios
e de nos que vai a ser.

Esta foi a triste historia
dun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.

ROMANCE DE CEGO
(Discos: Loitando/ As palabras dos galegos)






1.5.05

Libros, pizzas e sitio na cama



Fago unha pequena pausa para ir mercarlle un libro ó Rivas. Fala dos gallegos (e das súas circunstancias, sempre), o país dos alcumes, dos comedores de patacas e (sempre!) do millón de vacas. Cómprolle tamén debuxos a Miguelanxo Prado, todos eles repletos de vacas e tan reais como a nosa Galiza-bravú.

Despois, discutir de feitos obxectivos e subxectivos con Irene Adler, para acabar concertando que aseghún. E atopar feitos definitorios do ser humano (mais non totalmente exclusivos, porque hai pitos que os cumpren, e podo asegurar que non teñen nada de humanos). E constatar que estamos cansos. Durmir, no meu sitio.




i.a. confesa que é unha infiltrada quintacolumnista destinada a corromper a pureza dos nosos fluídos corporais. Supero a preguiza que dá erguerse (definitivamente) ás 12 da mañá para facer un (gozoso) almorzo tardío, contestar unha mensaxe de nostalxia e saber das circunstancias das túas vestimentas. Pas de jardins, mais des anges neutres...