<

29.4.05

Código 46

Aproveito a momentánea soedade para ir reservar unha aula e para colgar un novo post e así poñerme ó día.

Fumos (po., i.a. e mais eu) ver Código 46



É deprimente pensar nun futuro (porque, digades o que digades, era futuro) con cobertura para viaxar de Santiago a Pontevedra, e trapichear cos revisores do R-598 por un papeliño que che deixe ir cheirar Celulosas. Fascíname a omnipresenza de Tim Robbins, ese camiñar perdido sobre o que xa leccionara en Mystic River.

Imos tomarlle unha, para falar de pantasmas e de coroas de veleno.

E non me pediches que che respeitase a camiseta. E segues afondando nas miñas cóxegas, vai comprando a correa para atarme á cama, coma se tivese un virus. E repto cara ó poliuretano. E o primeiro non conta, pero os horarios non dan para o segundo... E aforrarche o pescozo, porque o sol non permite. E, finalmente, conseguir durmir ben, e con moito gusto (a pesar dos delirios das sete da mañá). Gatiña.

Update: versión codificada

E segues afondando nas miñas cóxegas, terás que agir coma se tivese un virus. E repto para o poliuretano. Malditos horarios que non permite as ofertas 2x1 dos supermercados. E maldito sol que libera os pescozos da opressom. E finalmente durmir ben, e con moito gusto (a pesar dos delirios das sete da mañá). Gatiña.

28.4.05

Poetas

Correndo desde a Facultade acudo ós últimos momentos da presentación das Mecánicas Celestes. A seguir, unha caña (e zorza con patacas) cos novos poetas que combaten por entrar dentro do Sistema. E coñecer das súas frustracións, das súas ousadías, dos poemas cheos de imaxes, como a min me gustan que dormen nun caixón agardando, quizais, que a Emilia Pardo Bazán se lle conxele o periodo nunha praza de Turin.

27.4.05

Indoeuropeos

O profesor Villar conferencia sobre a xenética dos indoeuropeos. Un señor realmente didáctico e que conta cousas interesantes. É bonito pórlles caras ós mitos, a Renzi, a Alinei, a Contini, a Mengaldo,...




Na foto, a compoñente principal dous (ADN recombinante) analizada por Cavalli-Sforza e compañía. En realidade, é unha foto de familia. Aquí estamos nós, pero tamén as nosas circunstancias. Cando foi do Dryas recente, a temperatura na terra baixou e os nosos antergos emigraron cara ós refuxios, de clima máis temperado; un deles, a Península Ibérica. Cando as temperaturas subiron e as vaquiñas (ou o que fose) emigraron cara ó Norte en busca de herba máis fresca e suave, os nosos antepasados foron con elas, e iso reflicte o mapa, ata onde chegaron, en forma de ondas. Cosas veredes...

26.4.05

Esperto

Érgome enérxicamente ás 08:30 para ir arrastrándome como un pobre pito despois de non durmir (ai, a miña almofada!!!). Ducha para limpar as plumas e alegre camiñata cara ó choio para descubrir que nihil novum sub sole e seguirei sufrindo os problemas do eterno translado. Ó final tómome a xustiza pola man e apodérome da miña conexión á rede, para poder buscar que na Crónica Xeral e Crónica de Castela (1295-1315) se le: et corria tã aturadamente sempre hũu uento tã escalfado com̃o se dos jnfernos seysse. E algún iluminado de O-18, na súa sabedoría de falante, decidiu que era unha forma que lle conviña ós cornos da vaca.


Fágase a túa vontade, informante, na dialectoloxía do Ceo e da Terra.

25.4.05

1972

- O 30 de xaneiro de 1972, 13 civís foron asasinados polo exército británico en Derry. Sunday, Bloody Sunday. Por se alguén aínda ten dubidas sobre a quen serve a Forza.

- 25 de marzo de 1972. O caso REACE, o do aceite de oliva e a Comisaría de Abastecimientos y Transportes ou incluso o Affaire Redondela. Algo cheira a podre no paraíso autárquico, aínda máis despois de Matesa ou Sofico. Desaparecen máis de catro mil toneladas de aceite de oliva e ninguén sabe nada. Os ollos miran para o irmán do Eterno e Incorruptible Caudillo.

- 23 de xullo de 1972, o belga Eddy Merckx, sen dúbida o mellor ciclista de todos os tempos, gaña por cuarta vez o Tour de Francia. Anquetil cágase de medo.

- 5 de setembro de 1972, Setembro Negro. 8 membros dun comando fundamentalista palestino irrompen na vila olímpica onde se aloxaba o equipo de Israel. 15 mortos en technicolor, en vivo e en directo. Despois do Home e da Lúa seguimos coa mundialización.

- 13 de outubro de 1972, escarállase na Cordilleira dos Andes un avión proveniente de Mendoza. Fixeron algunha película.

Falando de películas, no 2003, os brasileiros fan unha película que se chama 1972. Están tolos estes humanos.

24.4.05

Información de Interese Público

Aviso a navegantes. Acabo de recibir no meu email un impactante aviso en letras ben grandes:

ATRACCIÓN INMEDIATA, FEROMONAS SUIZAS

É claro que o primeiro que me provocou este titular foi un suspiro de grande admiración e respecto polo enxeño suízo e as súas extraordinarias feromonas que deixan en evidencia o noso subdesenvolvido sistema hormonal.

A emoción sobe a alturas indescriptibles cando leo
Son captados por el órgano vomeronasal (OVN), alojado en nuestra nariz, llamado también el sexto sentido.

"Me cago en la puta!". Tanto tempo fabulando co sexto sentido, coas intuicións, a telepatía, a conexión entre as persoas e incluso as películas
e agora resulta que toda a culpa a ten un órgano recuberto de mocos e de rebeldes pelos do nariz e que nada de telepatía, que todo se debe a que andamos uliscando feromonas coma se fósemos cans... manda uebos...

Loxicamente, nestes tempos de pragmatismo mundano, todo deriva ó práctico:
Para atraer mujeres: Men's es un potente concentrado de feromonas humanas [...] que ha sido diseñado para aumentar dramaticamente el atractivo personal del hombre. Las mujeres se mostrarán más abiertas y relajadas en su compañia, mostrando mayor interés por usted...

E digo eu que poderán ser solidarios e facer feromonas tamén para pitiños, nunha dose suficiente que poida compensar tanta merda que hai no pau do galiñeiro. O que non ten desperdicio ningún é iso de
El alto contenido de androstenol y copulins, ha sido probado con eficacia

Non sabía eu que había feromonas tan específicas. Compañeiro, veñan máis cinco!!

Xuramentos

De cando en vez, chegan ó meu correo electrónico imaxes inxuriantes para a raza galiñácea á que pertenzo. Pornografía sentimental que non xoga coa carne ou a luxuria, senón cos sentimentos de dignidade de toda ave que se prece:



Véñenme sentimentos de noxo ó contemplar esta foto e intento xurar, pero os galegos non podemos, somos unha lingua pura. Aínda tardará que os neofalantes impulsen o cágome en Deus! ás alturas olímpicas do Volga das beirarrúas.

23.4.05

Tarde con S.

En lugar de coas miñas queridas vacas, paso unha gozosa tarde con S. a debater sobre a análise de Wittgenstein da visión da verdade de Schopenhauer Amena conversa a diferentes ritmos vitais baixo o agradable son de Tom Güeits.

Segredos do cónclave

ELMUNDO.ES | AGENCIAS


ROMA.-

Los cardenales electores siguen destapando secretos del cónclave, pese al juramento de secreto que los purpurados formularon previo al cónclave. Según se ha sabido, los 115 cardenales electores llegaron a un acuerdo después de un día y medio de deliberaciones y votaciones nulas.


Y es que lo que muy pocos podían intuir es que dentro del Cónclave no se estaba produciendo una disputa sobre la orientación de la Iglesia o sobre cuál de los purpurados estaba más capacitado para el cargo, sino que se estaban sucediendo las votaciones nulas debidas al alto número de votos inválidos, que superó el cincuenta por cien en las tres primeras votaciones.



Así, durante las primeras votaciones Papichulo fue el candidato más votado, si bien la cantidad de "falsos candidatos" que obtuvieron votos fue numerosísima. "Tonto el que lo lea" fue un voto recurrente durante las dos primeras votaciones, siendo superado por "Condena Eterna en el Infierno para el que lo lea" en la segunda votación matinal del martes.



Un momento de tensión se produjo cuando casi dos tercios de los votos recayeron en "El Camarlengo es gay". Fuentes vaticanas confirmaron que pese a que se hubiesen alcanzado los dos tercios, el Cardenal Camarlengo no hubiese sido nombrado Pontífice porque "los votos no iban dirigidos a su persona, sino a la consecución de la mofa general".



Osama Ben Laden, pese a estar - supuestamente - vivo, no hubiese podido ser elegido Papa al no ser Católico. Aún así, obtuvo un considerable número de votos en la segunda votación.



'Alejandro X'



Una vez los cardenales electores optaron por votar seriamente y se alcanzaron los dos tercios de los votos, el buen humor y las chanzas siguieron presentes en el cónclave. El Cardenal Decano, Joseph Ratzinger, pidió su consentimiento al elegido (él mismo) en nombre de todo el Colegio: "¿Aceptas tu elección canónica para Sumo Pontífice?". Cambiando la voz a un tono considerablemente más agudo se contestó "Sí, quiero." Antes de levantar acta se le preguntó con qué nombre quería ejercer su pontíficado y éste bromeó que con el de Alejandro X. Cuando uno de los cardenales le contestó que "sería Alejandro IX, pues hasta el momento sólo ha habido ocho", el ya nuevo Pontífice le replicó con un contundente "¡Por el culo te la entocho!" que hizo que las carcajadas de 113 cardenales y un Papa resonaran en la Capilla Sixtina.



Mientras las risas continuaban en el Cónclave, siguió bromeando con que quería ser conocido como el Papa Rapero y dejó una hilarante muestra - "Me llamo Benedicto, haz lo que te dicto. Benedicto XVI, así me llamaréis." - para dar a conocer su nombre. "Y si hay algo que está mal, ¡es el matrimonio homosexual!" continuó el Sumo Pontífice.



'Sympaty for the Pope'



No hay que remontarse tanto para encontrar ejemplos de conciertos improvisados en los Cónclaves. En la elección del fugaz Albino Luciani como Juan Pablo I en 1978, las canciones que improvisaron los cardenales verioneando clásicos de Led Zeppelin (Whola Lotta Pope) o los Rolling Stones (Sympathy for the Pope) se pudieron escuchar desde fuera del Estado Vaticano.



Otras anécdotas para el recuerdo son la ola de diez minutos que improvisaron los cardenales en la elección de Juan Pablo II o la Gran Conga con la que se festejó la elección de León XII en 1823.





20.4.05

Voar




Hoxe estou recluído nunha xornada de como saber dos nomes que teñen os territorios e so on... qué pito tan culto no primeiro día de Papado de Benedicto XVI, o Grande Inquisidor Ratzinger elevado ó Solio Pontificio, parece que non era eu o único que non quería traballar onte, tamén estivo vagueando o Espírito Santo.....

Onte á noite debera traducir alomenos unha páxina para o italiano, pero non quixen. Púxenme a voar (quen dixo que os petit poyon non podían??) ; había tempo que non o facía. Aquí están as fotos; a paisaxe que se ve é Liège, na Bélxica (en versión de Microsoft Flight Simulator 2002, claro)... incluso se intúe o río Meuse nalgunha desas fotos.





Como cantaba La Orquesta Mondragón: Viaje con nosotros...

19.4.05

Pronóstico




Imos xogar a ser adiviños:

Pronostico que:

A) Hoxe, seguramente pola tarde, teremos Papa.
B) Non será membro de ningunha orde relixiosa nin do Opus Dei.
C) Será italiano, do norte.
D) Engadido!: esquecín unha cousa: terá 70 anos ou máis.

Espero ter máis sorte cá que tiven con Rainiero e o Papa Defuntiño... Ala, a traballar;-)

17.4.05

Sábado

Combino con J. para charlarmos (afinal, toda a tarde) sobre o divino e o humano no Exágono (sen eses molestos H, etimolóxicos ou non). Coma moitas veces, escoito máis do que falo, gústame oír as historias dos demais, ser unha especie de sacerdote laico. Aprendo moitas cousas. Xa sei que nunca debo mesturar alegremente o sodio e mais a auga, caracteres incompatibles; e se algunha vez o fago, non é unha idea moi intelixente botar máis auga para apagar o lume. Anotado queda para as tarefas domésticas de mañá.

Volvín pensar en Evita cando J. me falou das relacións a distancia, sen saber en qué líos andaba debatendo a miña cabeza. E., vaime doer moito non escribirche esta semana, e quizais non sexa capaz de conterme (e, de feito, xa ves que o estou facendo, coma o Papa, Evitae et orbi;-)...Unha cousa, tes moita razón en que son un fanático dos pequenos detalles. A semana pasada viña no xornal o certificado da voda de Carlos de Inglaterra e de Camilla Parker Bowles, ¿sabes en que me fixei? Dos protagonistas desa historia de amor por enriba das dificultades, ela (57) é un ano maior ca el (56)... Fatum.

13.4.05

Poc-poc-poc

Teño a cabeza feita un bombo, diante da pantalla do ordenador desde as 9:30 [pausa para comer, claro]. Un día cheo de direccións IP, de discursos do alcalde de Negreira e, sobre todo, de moitos cornos (de vacas, que non dun mesmo, meus desconfiados señores).

Creo que para relaxarme só me queda ver algunha peli desas de medo, de moito medo,...

12.4.05

quen son?

O E-150d é Caramelo de Sulfito Amónico e forma parte dun produto estándar do capitalismo americano
que nestes momentos me está acompañando enriba da mesa, dura droga que me axuda a combater os cornos das vacas e as nostalxias valonas.

Quen son eu? Adxunto foto